A min impresionoume Madrid porque alí hai monumentos moi bonitos.E tamén cando era pequena fun a Madrid e non recordo nada e queria saber o que fun visitar. Agora sei o que fun ver e tamén os tipos de comida que comin....)
Acabo de aprender a facer isto. Trátase de sumarlle ao audio que xa gravamos en clase, diferentes efectos de son e música. Todo elo tratado co programa AUDACITY que se descarga libre e gratuitamente da rede. Os efectos proceden do banco de imaxes e son do CNICE (MEC), tamén de uso libre.
As compañeiras do CEIP Frians de Teis (Vigo) elaboraron esta presentación para explicarnos a razón de que se lle dedique a esta causa o día 25 de Novembro. E, xa verdes que hai unha IMPORTANTE razón.
Este caderno, feito polos nenos e nenas de 5ºB en abril de 2009.
Tomando coma modelo e inspiración o libro do mesmo nome de Manuel Lourenzo e que hoxe, desafortunadamente, non se pode adquirir pois está esgotado. Pero podedes consultalo na nosa biblioteca
Xa que andamos enredando cos paises europeos, deixovos este xogo que axudará a estudalos.
Despois de estudalos, preme sobre a opción EVALUACIÓN (abalixo á dereita) e poderás repasar.
O martes 19 cheguei a clase coa idea de rematar de explicar o sistema sexaxesimal. E ¿que me encontrei? UNHA FESTA SORPRESA!!!
Moitas grazas a todos por iso que, creádelo ou non, é a primeira vez na miña vida que me pasa. Ata ese día eu só as vira nas películas.
O certo é que había moito cariño encerrado en cantos esforzos fixéchedes para organizar a festa e mantela en segredo.
Por todo elo,
Dos 13 individuos reflexados na gráfica, 7 están por debaixo da media e 5 por encima. En cambio na actualidade, vemos 9 por debaixo da media e 4 por encima.
Os dous individuos ( 8 e 10 ) que tiñan o maior peso o nacer, agora son dos pun
tos mais baixos da grafica. E sucede a inversa co nº 12 .
Co paso do tempo , dos 13 individuos analizados todos presentan variacións moi acusadas escepto en dous casos (2 e 4). Esas variacións tan notables foron todas a baixa escepto en 4 casos (6, 7, 11 e 12), que o fixeron aumentando.
Das 13 persoas que se ven na grafica da medida, hai 5 por riba da media e 6 por debaixo.Sen embargo, na actualidade estan 8 por riba e 5 por debaixo.Isto quere decir que medramos moito.
Ao nacer, o punto máis alto e (o 8) que estaba 3 cm por riba da media e na actualidade está so 1 cm..
Eu que son o numero 5 o nacer estaba 1 cm por debaixo e na actualidade estou 1 cm por riba.
Xa sei que o tema está estudado, pero hoxe chéganme estes videos e decidín ofrecérvolos para compensar aquela historia fea, fea, desa empresa (Explora Films) que non nos permitiu ver o que eles fixeran (O legado celta). Nin aínda explicandolles que tiña un uso escolar. Por certo: aínda segue colgado en Youtube, así que...¡non entendemos nada!
Velaí o poema de Rosalía: XAN (Follas Novas, 1880) recitado polos nenos e nenas de 5ºA.
Hoxe foi unha xornada festiva.
Canto traballiño vos dou, ¿verdade? Pero, xa se sabe que: quen algo quere...
Os meus parabéns por esta magnífica lectura tan expresiva.
Será a nosa aportación ao proxecto "Lectura global en YouTube polos 50 anos das Letras Galegas"
O último traballo documental dos nenos e nenas de 5ºA trata sobre animais. Unha pequena investigación sobre o animal que escolleu cada quen de entre aqueles dos que nunca escoitara falar.
Empregaron unha linguaxe moi científica ¡Abofé!
Só os nenos e nenas de 5º A saben canto traballo hai detrás desta narración que acabades de ver (espero que leades isto depois de vela!)
Desde Outubro comezamos a traballar na aula con varias versións do conto que escollemos, Cincenta e iste era un dos nosos obxectivos: reconstruir o conto coas nosas imaxes e o noso texto para facer con eles un kamishibai e un video. Escollemos para este fin a versión dos irmáns Grimm.
E aquí está!
Felicítovos polo esforzo, a dedicación e o enorme traballo que hai detrás disto que se ve.
Parabéns!
Habia una vez un pajarito y un gusano que iban por el bosque caminando. De pronto vieron una manzana y querían cogerla. Lo intentaron saltando y no fueron capaces. Lo intentaron volando y tampoco fueron capaces.
De repente al gusano se le ocurrió una idea: pidió a su amigo que lo subiera sobre su ala y... ¡el gusano ya estaba sobre la manzana! Ahora sólo le faltaba desprenderla.
Le dió un cabezazo y no se cayó. Saltó y saltó sobre ella y no se cayó. Saltó más ¡y se cayó la manzanaaaaaaa!!!! Pero él con ella. Rápidamenrte el pajarito los salvó. Cogieron la manzana y se la comieron a medias ¡estaba muy buena!
Pinchando sobre a imaxe poderás acceder a un feixe de actividades de Matemáticas: fraccións, operacións con decimais, operacións coa unidade seguida de ceros... e divertirte ¡de paso!
Especialmente dedicado a Eva, a Pedro e a Manuel JA, JA, JA!!!
Ala! A pasalo ben.
Por certo, no mesmo sitio web pódese xogar con outras materias, pero eu hoxe, escollín as mates.
Rome Reborn 2.2: A Tour of Ancient Rome in 320 CE from Bernard Frischer on Vimeo.
Grazas a unha laboriosa iniciativa internacinal chamada Rome Reborn, podemos coñecer o aspecto que tería a cidade de Roma entre o ano 1000 a.c (idade de Bronce) ata os primeiros momentos da Idade Media (550 d.c.)
O proxecto consistiu en crear un completísimo modelo 3D reconstruíndo a cidade: rúas, edificios, monumentos...
A recreación comeza no momento de máximo esplendor da cidade (320 d.c. )momento no que comezaban a construirse centos de iglesias cristiás e moitos outros edificios eran demolidos: Roma foi sempre unha cidade en cambio constante. A esa época pertenecen moitas das ruinas que hoxe visitan os turistas.
Agora que rematamos o tema e que vos extrañáchedes ante tantos descubrimentos (os insulae, as termas, a calefacción das casas...) descansade un pouco vendo a recreación.
Pero tede en conta que se trata deso precisamente: unha recreación!
No ano 2.004 asociáronse e conseguiron ter todos os dereitos dun traballador. Agora poden cotizar na Seguridade Social, tamén se poden xubilar e poñer no carne de identidade:
Ata o ano 2004 as atadoras non estaban recoñecidas como un oficio pero no ano 2004 foron recoñecidas como profesionais.
Unha das desventaxas diso era que cando ían facer o carnet de identidade non lle podían poñer que eran atadoras entón tiñanlle que poñer que eran amas de casa.
Pero despois de asociarse conseguiron, ademáis, ter un espazo cuberto no que traballar, que é a nave das redeiras.
Durante estos 15 días estivemos aprendendo o traballo das redeiras, coñecidas en Malpica como atadoras.
Eleximos este tema porque fai uns días foi o Día da muller traballadora.
Había algunhas cousas que xa sabíamos como por exemplo cando antigamente traballaban ao aire libre pero agora dispoñen dun espazo cuberto para atar como è o caso da nave. En cambio
as cousas que non sabíamos ensináronnolas elas nunha exposión no Centro Cívico e nas entrevistas que lles fixemos.
Este oficio consiste en arranxar as redes que xa veñen rotas do mar ou facelas novas.
UXIA:
O traballo de redeira en Galicia é fundamentalmente feminino. Antigamente as atadoras tiñan que atar e ó mismo tempo vixiar os seus fillos debido a que o seu traballo estaba denominado como traballo domestico.
DIEGO:
Ser atadora é un traballo complicado polo que a xente nova non o quere aprender. En Malpica a atadora máis xoven ten 42 anos.
UXIA:
Elas queixanse de que non teñen relevo xeracional, polo que pode desaparecer e non habería quen atase as redes.
O mundo avanzou e cambiaron
os tipos de materiais das redes porque antes eran de algodón e eran mais pesadas pero agora son de nailon e son máis lixeiras.
Tamén cambiou o material das agullas porque antes eran de madeira e agora son de plástico. As redeiras tamén usan roupa de augas que está feita por un material impermeable e sérvelles para protexerse da auga , do frío e das redes molladas que lles traen os mariñeiros.
Mirade que letra tan moderna para un poema que foi escrito por Rosalía de Castro e publicada en Follas Novas (1880). Nela, Rosalía emprega un finísimo humor que case é sarcasmo para esplicarnos como era a vida da muller e a do home na sociedade rural. ¿A que non cambiou tanto, salvando as distancias?
Deixovos tamén a letra para que vaiades ensaiando:
Neste período producíronse tres invencións que facilitaron moito a evolución pois fixeron todo máis doado. A saber:
A vela, permitiu extender a navegación e que as embarcacións fixeran travesías mási longas
A roda foi crucial para a extenxión do comercio (podíanse trasladar mási mercadurías, máis pesadas e máis lonxe)
O arado é a primeira tecnoloxía aplicada á agricultura e permitiu labrar extensións maiores de terra. É dicir: ter máis comida, poder manter a máis individuos e cambiar (ou vender) o que sobra.
Un dos espazos mais enigmáticos da cultura castrexa son as saunas, construidas con grandes placas de pedra. As saunas tiñan relación con ritos relixiosos ainda descoñecidos.
El legado celta (X.R. Novoa, 2011)
Para comezar a nosa investigación sobre a cultura castrexa, este video no que se comparan os asentamentos galegos cos de Inglaterra, Irlanda e Escocia, deténdose especialmente en Stonehenge.
Trátase dun documental que dura case 52 minutos dirixido por José Manuel Novoa para EXPLORA FILMS no 2011, destinado a emitirse en varias canles internacionais, incluída National Geographic.
En palabras do director::“Hago esta película, primero, porque nunca antes se hiciera nada sobre el tema castreño. Y, segundo, porque me enamoré de un castro, el de Baroña, en Porto do Son. Un lugar espectacular. Una península con tres murallas y un castro que si se conociera tendría muchísima fama."
A productora non nos deixa incluir o video neste blog, a pesares de que segue colgado en Youtube. De maneira que vos deixo o enderezo para que o poidades ver alí. Paga a pena
A poboación de Galicia aumentou 702.823 de habitantes ao longo do século XX (dende 1.900 ata 2011)
O crecemento non foi continuado porque houbo 3 periodos nos que houbo baixadas:
entre 1950 e 1970
entre 1981 e 1991
e entre 2007 e 2011.
Tamén se ven 2 subidas destacadas: , que son as das decadas dende os 30 os 50 e dende os 70 aos 80.
Densidade de poboación Galega é de 93, 7 habitantes por cada kilómetro cadrado.
O descenso máis pronunciado foi o de 2007 ata 2011 devido o pouco emprego e a inmigración.
Ten o contido dun sitio profesional no que eles e elas atopan doadamente información que lles resulta necesaria (por exemplo sobre as aperturas mensuais)
Paréceme destacable o espazo chamadoOFICIOno que inclúen algo tan necesario e sorprendente coma un banco de sons. Así, podemos escoitar desde un mencer en Barizo ata a serea da lonxa de Malpica...
O espazo PERCEBEIROS é, asemade, moi interesante: ofrecenos as caras e os nomes de cantos teñen relación comercial co percebe, así coma un mapa interactivo co que seguro, seguro aprenderemos moito sobre o tema.
Na miña opinión estamos ante un espazo necesario e longamente desexado para coñecer de cerca este traballo que, finalmente non é máis que iso: un traballo, un medio de vida, unha fonte de ingresos para numerosas familias, moitos deles pais e nais de escolares do noso colexio.
Mirando os videos ninguén poderá dicir que o percebe é caro. Non, oh!http://percebedemalpica.com/index.php
Estas dúas gráficas que estades vendo son as mesmas que fixéstes en clase e piblicáchedes nas entradas anteriores pero.... desta volta feitas cunha aplicación en liña.
Agora que xa sabemos facelas artesanalmente, podemos probar ¿Vale?
Trátase dunha aplicación moi utilizada nas escolas estadounidenses e permite facer varios tipos de gráficos. Tamén nos dá a opción á hora de descargala para o noso ordenador, de facelo en diferentes formatos (pdf., jpg...)
Está en inglés, claro, pero eso non é un problema ¿a que non?
Esta é a gráfica da evolución dos prezos de vivendas de Malpica no último semestre do 2.011.
Polo que indica a gráfica,en Xullo e Agosto foron mais altos ca nos outros meses probablemente por que houbo máis visitantes.
De Setembro a Decembro os prezos baixaron.
Na década do 2000-2010 o ano de maiores capturas foi o 2002.
Aparece un descenso significativo no ano 2003, debido ó desastre ecolóxico do prestige.
A partir do 2004, tódolos anos van en descenso. Algunhas causas que explican eses datos son:
a) Descenso da flota:
- Subencionan os desguaces por parte da Unión Europea
- Subencións á pesca de cultivo
- Instauraronse as cotas de captura
- O mar non é atractivo para a xente nova
b) Desplazamento das vendas a outras lonxas nas que obteñen mellores prezos (A Coruña)
Os datos AQUÍ