O martes 19 cheguei a clase coa idea de rematar de explicar o sistema sexaxesimal. E ¿que me encontrei? UNHA FESTA SORPRESA!!!
Moitas grazas a todos por iso que, creádelo ou non, é a primeira vez na miña vida que me pasa. Ata ese día eu só as vira nas películas.
O certo é que había moito cariño encerrado en cantos esforzos fixéchedes para organizar a festa e mantela en segredo.Por todo elo,
MOITAS GRAZAS!
AQUÍ algunha foto máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario