... unha vez máis, no meu caso. Pero...A PRIMEIRA VEZ!!! para eles e elas.
Este é o noso equipo. Xuntos percorreremos durante dous cursos un camiño que esperamos sexa feliz, gozoso e productivo.
Publicamos hoxe os dous últimos cortes da entrevista que lle fixemos en Febreiro a Matilda de Limiñoa.
O podcast completo.
Temos moito mási material pois o encontro prolongouse máis dunha hora pero, de momento abonda.
Nesta ocasión escollemos cortes nos que Matilda nos propón algúns enredos (e cos que rimos moito!) e outro no que nos explica como se chegou á formación do grupo que hoxe teñen.
Grazas de novo a esta muller animosa, forte, admirable... por canto nos ensinou e por facelo dun xeito tan, tan didáctico e ameno.
Todo MATILDA:
Martín, para finalizar o curso preferiu agasallarnos cunha historieta. A min paréceme que está chea de xenialidades (coma todo o que nos chega de Martín)
Cando sexa famoso nós teremos a honra de ter sido os seus primeiros admiradores :-) e quenes o soportaron!!!! (é broma, Martín)
Os nenos e nennas de 6ºA este ano escolleron o oficio de músicos. E andiveron a aprender cousas sobre el: desde a construcción de instrumentos tradicionais vexetais da man de Emilio Lois, ata a entrevista a Matilda de Limiñoa, pasando polo poema de Rosalía que tan ben recitaron.
Reunimos todo este traballo neste libro que vos presentamos e en breve teremos na biblioteca en formato papel.
Un placer!