17/05/11

...e fin!


Xa de volta destes días de xogos e camaradería, deixovos as imaxes para lembrar.
Agora aínda toca rematar o curso e ...¡todo iso!
Pero estes días estarán sempre na nosa memoria.
Tódalas imaxes AQUÍ

15/05/11

Viaxe fin de curso


Algunhas imaxes do que foi o noso primeiro día no Fieitás.
As fotos para descargar están AQUÍ
Despois de organizarnos en grupos paa os dormitorios e pórlles nome, comemos.
Pola tarde, o vento non nos deixou voar as cometas nin atender ben ás explicacións da visita á lagoa. Pero pasámolo ben de todos xeitos.
Xa pola noite,e despois de cear, fixemos un xogo de pistas. O vento seguía tolo, tolo.
Pero hoxe xa calmou.
Seguiremos a informar!

07/05/11

Coma colofón


Rematamos cos temas de Historia que penso foron interesantes e productivos.
Espero, de verdade, que cando no resto da vosa vida escolar teñades que abordar o estudo desta materia o fagades con interés, con curiosidade, sabendo que non é unha ristra de datas e enfrontamentos bélicos.
Coma colofón deixovos este enlace a un blog que veño de coñecer. É dunha profesora de bacherelato pero non hai ningunha dificultade para achegarse a el.
Deixarei o enlace entre os permanentes para que no futuro poidade, tamén acceder ás estupendas explicacións que ten.
Porque un profesor, canto mási sabe, millor se explica.

06/05/11

A ILUSTRACIÓN




Eu aprendin moitas cousas sobre a ilustración, que foi un movemento filósofico e cultural que pretendia romper coa politica que había nese momento.


Tamen aprendin que uns dos ilustrados foron: Montesquieu, Immanuel Kant e Voltaire.


Foi un movemento que pasou en varios paises euripeos pero o mási famoso é Francia porque alí escribiron a Enciclopedia

A Revolución Francesa


A Revolución Francesa era un proceso social e político do ano 1789 en Francia, fíxose porque os pobres querian as mesmas prioridades que os ricos.

O pobo de París asaltou a Bastilla para reclamar os seus dereitos e facer realidade o lema: Igualdade, Liberdade e Fraternidade.
Fartos de aguantar o despotismo dos nobles e poderosos, rebeláronse contra eso.

A fortaleza da Bastilla era un símbolo para o rei porque alí encarcelaba a xente que non lle combiña, tamén gardaban a pólbora, por iso os revulucionarios a asaltaron porque as armas xa as colleran noutra.
Finalmente, conseguiron o que pretendian.

CIDADES DO SÉCULO XIX


Eu elexín este tema porque queria comparar as cidades do século xix coas cidades de agora.
Foi moi interesante comparar a cidade de A Coruña de antes coa de agora: non se parecen en nada.
Tamén vin as casas dos ricos e pobres dese sèculo.

29/04/11

Sociedade no S. XVIII


Neste traballo vin moitas cousas novas que vos direi ahora como que as vacinas inventaron neste seculo e a pila eléctrica tamén.

Nesta época o rei tiña todo o poder e a burguesia tiña mais poder economico e social que no século anterior: cada vez son máis importantes as fortunas que veñen dos negocios e a producción industrial..
A industria estaba nas aforas das cidades e os campesiños abandonanban o campo para ir traballar a elas. Había tanta xente que facía eso que a man de obra era moi, moi barata.
A sanidade, a escola... eran para quen as podía pagar. Dese modo, calquera enfermidade posía converterse nunha peste acabando con moitas persoas dunha vez.

FRANCISCO GOYA



Eu traballei sobre Francisco Goya Que era un pintor do s.XVIII. foi o mellor pintor desa epoca. Foi cartonista para a real fábrica de tapices, pintor de corte, e despois fixose pintor do estilo neoclásico.


El era xordo dunha orella,e a sua enfermidade foi empeorando

ata chegar ao punto de ser completamente xordo. Isto fixo

que o seu estilo cambiara pouco a pouco ata chegar ás pinturas