20/12/11

Felicitación



Os nenos e nenas de 5ºB desexámosvos:

FELICES FESTAS!!!

10/12/11

Dereitos dos nenos e nenas no Sahara

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

01/12/11

Informe versión GRIMM



Informe CINCENTA


Segundo a versión dos irmáns Grimm
Contos de Grimm. Ed. Xerais (Vigo, 1998)


Vou analizar o conto de Cincenta recollido polos irmans Grimm . Voume centrar nos personaxes máis relevantes: a madrastra , as medio-irmáns e Cincenta.

A madrastra caracterízase por defectos tanto na forma de ser como nas accións . Pódese dicir que neste conto a madrastra é descrita como unha mala persoa.

Ás medio-irmáns atribúenselles defectos no caracter anque cualidades no fisico. Estes personaxes describense como malas persoas anque fermosas.

Cincenta nesta historia móstrase como un personaxe moi activo.
Ó principio é descrita como unha criada e ao final acaba sendo describinta coma unha raiña . Cincenta nesta historia é moi positiva tanto en cualidades como en accións e moi activa porque as cousas boas que lle van pasando sempre son porque ela fai algo, non porque se limite a chorar (Disney) ou pedir (Perrault) .
Na versión dos Grimm no hay fada madriña nin variña máxica pero o que si aparece é o espíritu da nai que é como se a protexera sempre.
Pareceume unha versión moi diferente das que eu coñecía, sobre todo por eso: porque a rapaza fai moitas cousas e case non chora nada.



Uxía Casal, Malpica, Novembro de 2011

24/11/11

Vestimos a Cincenta


Estas son as Cincentas vestidas en familia.
A actividade levouse a cabo nas casas respectivas e os rapaces contaron coa colaboración de papás, mamás, irmáns...
Como vedes hainas de principios do S.XX, dos anos 60, algunha de moda étnica, outra cun esmoquin moi feminino, outra coa moda grega... e a maioría son moi actuais. Mesmo hai unha moi navideña!
Podían escoller calquera dos dous intres polos que pasa a protagonista na historia: antes ou despois de cambiar de estado.
Os libros que usamos para documentarnos foron:
MORLEY, J. Roupas de traballo, xogo e lucimento,Ed. Xerais (1994)
Ventura, P. Los vestidos. Objetos, formas y usos en el vestir a través de los tiempos. Ed. Everest (1993)
A que escollimos democráticamente para formar parte do mural conxunto de todo o colexio foi a de Diego García.
A min gústanme todas!

Cincenta. Proposta de traballo 5ºA

Comezamos co noso traballo sobre o conto escollido: CINCENTA.
A base desta traballo é o PDI elaborado para todo o centro Cantos contos contas ti?
Concretaremos aquí o PDI para a aula de 5ºA.

Despois de ler máis de 20 versións da historia de entre as que ten a biblioteca escolar e as que tiñan os rapaces e rapazas na casa, escollimos 3 para traballar sobre elas:

  1. A versión de J e W GRIMM incluida no libro Contos de Grimm (Ed. Xerais, 1998)
  2. A versión de Perrault, incluida en Cuentos de Perrault de Ed. Servilibro
  3. Unha versión Disney, incluída no libro Cenicienta (Ed. Beascoa, 2007)
O primeiro paso:
Obxectivo: Vestir a Cincenta.
  • Analizar as diferentes ilustracións das versións lidas.
  • Situar esas ilustracións na época histótica que lles corresponde, orientándonos polos libros de Historia do vestido que hai na biblioteca.
  • Escoller unha época para vestir á túa protagonista.
  • Vestir á protagonista, usando a plantilla que se facilita,
Segundo paso: 
Obxectivo: elaborar un informe de como se caracterizan nela ós personaxes seleccionados.
  • Ler detidamente cada versión. Usando a plantilla que se facilita,
  • Recoller tódolas características (adxectivos) e accións (verbos)que se lle adxudican a cada un dos personaxes estudados.
  • Clasificalas en positivas, negativas, activas e pasivas
  • Elaborar, cos datos obtidos, un informe do relatado nesa versión.
Terceiro paso:
Compararemos as tres versións, situándoas cronolóxicamente no tempo prestando atención aós elementos que se suprimen, que se incorporan... E reflexaremos as conclusións nun informe final.

Cuarto paso:
Obxectivo: escribir e debuxar o conto secuenciadamente dándolle a forma dun KAMISHIBAI.
  • Decidiremos en gran grupo as escenas que queremos plasmar plásticamente
  • Adxudicaremos a cada unha o fragmento de texto que lle corresponde .
  • Debuxar e escribir. Cada escolar será autor de, alomenos, unha ilustración e un fragmento do texto.
  • Enlazaremos cada fragmento de texto co anterior e o seguinte.
  • Estudaremos tipos de plano (xeral, enerio, americano, medio, primeiro e de detalle) e perspectiva (picado e contrapicado)
  • Os debuxos faránse en A4 e despois ampliaránse en A3
  • Coloreamos e escribimos oo texto con estructura de kamishiba. 
 Este traballo dará fin ao Proxecto.

    04/11/11

    Os anxos escuros


    Os rapaces e rapazas de 6º preferiron escribir a súa propia obra e...¡meu dito, meu feito! Puxéronse mans á obra e .... iste foi o resultado.
    O certo é que foi unha semana estupenda na que todos disfrutamos do traballo de todos.
    Agradecemos, desde aquí o traballo do profe Josecho de cuxas mans saeu toda esa fermosa decoración que vedes.

    28/10/11

    andrea


    Eu chámome Andrea e teño 10 anos.
    Teño o pelo longo e son castaña.

    Son alta e os meus ollos son de cor marrón claro e grandes. O meu nariz é pequeño e a miña boca e grande .

    Gústame fecer ximnasia rítmica e manualidades. Non me gusta estar toda a tarde vendo a televisión. Gústanme moito os cans (teó 3) e os gatos (tño 1) Ademáis, teño un coello.

    Teño un irman que se chama Miguel e ten 17 anos

    Santi



    Teño 10 anos. Mido 1,55cm. Gústame xogar ao fútbol, ao baloncesto, ao voleibol etc…Támen son aficionado ás maquinitas.
    A miña comida preferida é a tortilla, tamén o raxo e o churasco.
    Teño un can chamado Lucas que é moi cariñoso e ten máis de 4 anos.