18/06/09

O final de 5º


Este curso pasóusenos voando a todos.Medramos todos un pouco, comparade esta imaxe coa de principio de curso eeeeeh..¡¡¡
Tamén aprendimos moito!!! Todos o pasamos moi ben.
Para a festa de fin de curso temos que bailar e cantar O rap da lingua que esta no blog da biblioteca.Ata o curso que ven.

Clausura da Biblio

Onte os colaboradores da biblioteca recibimos un regalo e desta vez as mais leonas foron Ana de 4ºA e tamen Eva Ruibal da nosa clase. As duas recibiron un agasallo, e un diploma a Eva regaláronlle un libro de Fina Casalderrey,e a Ana Fariña un de Miguel Vázquez Freire:
-O misterio do cemiterio vello
-O neno que tiña medo dos robots.
Ademáis, os colaboradores de 6º levaron un diploma polo seu traballo na biblio durante todo o curso.

16/06/09

Novos amigos...¡Os de Fene!


Os de Fene viñeronos visitar o noso colegio para ir a Buño .

Fumos visitar o Ecomuseo,fixemos pezas de barro e comimos alí.

Foi moi divertido,porque, xogamos todos xuntos á pilla,ó escondite,etc...

Nós viñemos ó colexio e eles estiveron mirando un pouco a biblioteca.

Despois,os de Fene,foron mirar a lonxa con Olga.

11/06/09

Viaxe a Ons

A viaxe a Ons foi moi divertida.Vimos o Buraco do Inferno, o Mirador de Fedorentos, un vello campamento...
Cando chegamos de facer unha marcha de 6km estabamos agotados ainda que non tanto coma para non darnos un bo chapuzón. O acabar tomamos uns xelados.
OPINIONS:
Fani:O viaxe foi moi divertido,ainda que levamos un que outro golpe.
Diego:Foi un viaxe inolvidable,o mellor foi bañarnos.

Aitor e Dani




















A nós este curso gustounos moito porque fixemos moitas cousas: estivemos todo o curso contactando cunha escola de ferrol, fumos de excursion as illas Ons, fixemos uns Sacapenas para mandarlle os nenos de Gaza, que sufriron unha tremenda guerra, tivemos unhas Mochilas Viaxeiras que son unhas mochilas que traen libros ,duas pelis e un cede de musica e levámolas ás casas para ler en familia.

Por eso e moito máis este curso foi o que máis nos gustou de todos.

Os nosos amigos de Fene.



O día 14 de Maio coñecimos aos nosos amigos de FENE, despois, fomos o Ecomuseo Forno do Forte. Fixemos figuras co barro e cando rematamos comemos alí.


Ao acabar viñemos para o noso cole, ensinámoslle a clase e a biblio. Algúns liron contos como: unha pantasma con asma, corre corre cabaciña etc.


Olga, a nosa profe levou aos nenos, nenas e profes a lonxa de Malpica.


O noso curso

Ola,somos Miguel e Jorge.Imosvos contar o que máis nos gustou de este curso.Gustounos moito ir as illas Ons,pero tamén facer uns traballos de Educación Documental sobre Fleming,China e Australia.No viaxe as Ons tuvémonos que levantarnos moi cedo,as seis da maña.Fumos en autobús,tren e barco.Dimos a volta a illa e vimos o Burato do Inferno,o Miradór de Fedorentos e...¡Tamén fumos a praia! En resumen gustounos moito o curso e as excursións.Ata o ano que ven.

VIAXE AS ILLAS ONS


A min e a MARTÍN C. gustounos moito a excursión que fixemos as Illas de Ons cos compañeiros de cuarto e sexto.Andamos seis quilómetros (tres para ir e tres para volver).
Cando viñemos de dar a volta bañamonos na praia e pasamolo bomba,despois comemos ,mercamos un xeado e xogamos un pouco.
Logo xa recollemos e marchamos.
A verdade e que foi unha viaxe inolvidable.

O libro que mais nos gustou.


A min e á miña amiga Irene entusiasmounos moito un libro titulado A escola dos piratas.
Ás dúas nos gustan os libros de aventuras e ese libro é, entón, o libro perfecto para os nosos gustos.
Limolo e case que non o queriamos deixar de ler. Preguntámoslle as nosas nais pero o intento foi en balde porque non nos deixaron mercalo.