22/03/24

6ºEP_Formación Biblio Creativa: E-textiles

O alumnado de 6º de primaria desenvolveu a formación de Biblio Creativa da man de Cati e Flor de Maker Store (Carballo).

Os e-textiles foron o contido protagonista: tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LEDs, sensores...

Nen@s desenvolvendo as súas habilidades creativas, artísticas e pensamento computacional, habilidades do século XXI.

Biblio Creativa

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha vez máis, Cati e Flor primaron o proceso sobre o produto final, un proceso altamente creativo e de autocoñecemento.

Un fin de trimestre entre fíos condutivos, LEDs e... creatividade!

08/03/24

5ºEP_Entrevista fantástica: Manuela A. Barreiro Pico

Co gallo do Día da Muller, presentamos a entrevista fantástica a unha Muller galega e pioneira en moitos feitos: Manuela Antonia Barreiro Pico, primeira Muller Licenciada en Farmacia.

A vindeira semana, celebraremos na nosa biblio a Semana da Muller 2024, e este será o produto final que presentaremos: investigación e comunicación en Radio Balea. Tamén vos deixamos o podcast:

Feliz Día da Muller, hoxe e... todos os días do ano!

6ºEP_Entrevista fantástica: Jane Goodall

Presentamos a entrevista fantástica a Jane Goodall que realizamos, en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", para presentar a vindeira semana na nosa biblio conmemorando a Semana da Muller 2024.

Feliz Día da Muller 2024!





05/03/24

BADMINTON (TERCEIRO CICLO)

O alumnado do terceiro ciclo que de forma voluntaria quixo participar no campionato de Badminton celebrado o martes 5 de marzo en Serra de Outes viviu unha nova e enriquecedora experiencia a través do deporte.
Unha longa viaxe tivemos ata chegar ao pavillón de Serra de Outes, pero o esforzo mereceu a pena. Alí, xunto con varios centros do Barbanza, xogamos unha serie de partidos diante dunhas gradas cheas de público. 
A xornada foi fantástica e cando os membros da organización chamaban aos nosos e nosas valentes para xogar o partido, unha ovación dos seus compañeiros e compañeiras os acompañaban.
Houbo nervios, tensión, deportividade, compañerismo, moito ánimo e tamén victorias e derrotas. 
7 nenos e nenas entre os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria acadaron a clasificación para a fase final intercomarcal que se xogará o 30 de abril de novo en Serra de Outes.
Por se isto non fora pouco, ademáis, viviron en primeira persoa o arbitraxe, xa que eran dous nenos/as neutrais os encargados de arbitrar os partidos.

Parabéns rapazada!!!!!




ACCESO A GALERÍA DE IMAXES CLICANDO NA SEGUINTE:

02/03/24

POP ART (Alumnado de 6º de Educación Primaria)

 O alumnado de 6º de Educación Primaria estivo a traballar con Uxía a súa titora,o arte POP con distintos artistas na área de Educación Plástica e visual.

Compartimos as súas obras