30/11/10

O que aprendin sobre Portugal


Eu de Portugal aprendin que hai monumentos importantes coma:a ponte 25 Abril e o pazo de Buçaco.
Tamén aprendin que Portugal ten catorce provincias e que as cidades máis importantes son Lisboa, Estoril, Setubal e O Porto

Grecia


Eu apredín moitas cousas neste traballo sobre Grecia: sei que é un dos terceiros paises que maís aceite de oliva ten , ou tamén que ten un clima mediterráneo mesmo que cultivan millo , trigo e cebada.

Tamén aprendín que teñen fábricas moi importantes de textil : camisas, xerseis, chaquetas,zapatos... tamén teñen gando ovino e caprino .

Adoitan almorzar café con pan de sésamo . Algunhas cidades son: Patras, Atenas...

UN PAIS MOI INTERESANTE

Paises Baixos


O que máis me fascinou dos Países Baixos foi que a súa moeda é o euro e que o principal medio de transporte é a bicicleta.
Non nos resultou moi difícil buscar información , pero buscar fotos foi algo complicado.
Soubemos que exportan e producen cousas moi variadas: desde diamantes a cacao e iso é pola súas colonias.

O que aprendín de Italia

GABI:
Había cousas que xa sabía,como por exemplo que tiña forma de bota. Pero non sabía que a torre de Pisa tiña 4 graos de inclinación e que pesaba 14.700 toneladas,e que o Coliseo de Roma tiña un aforo de 50.000 espectadores e 80 entradas.

Non sabía que Silvio Berlusconi era o Primeiro Ministro.Non sabía que era o 3º país da UE (Unión Europea) máis poboado, despois de Alemaña e o Reino Unido.
ADAY:
Eu de Italia aprendín algunhas cidades importantes como Bolonia ou Sicilia. Algúns personaxes famosos como Valentino Rossi ou Leonardo Da Vinci.
Italia ten unha das cordilleiras máis importantes de Europa que se chama Apenios.Alí nace un río moi importante chamado Po. A moeda de antes era a Lira,actualmente é o euro.

O que aprendin sobre Reino Unido.


O que aprendimos do Reino Unido foi a sua gastronomía,e moi variada,tamén aprendimos os seus monumentos,como o Big Ben e o London Bridge(Ponte de Londres),e as suas cidades importantes como Manchester, Oxford, Plymouth e Birmingham.


Feito por: Adrián Vila e Pablo Parga.

Suiza


Chamoume moito a atención que na montaña do Junfrau hubese esculturas de xeo e que a torre do reloxo fora unha prisión para mulleres no 1405. Imbestiguei sobre Suiza porque os meus pais estuberon traballando durante bastantes anos,eu máis o meu irma nacemos alí.

Dinamarca


Neste traballo de Dinamarca aprendimos que esta formada por 500 illas, ninguén está sen estudos.
Está rodeado por mar e hai algúns museos como ó de Roskiels


Feito por:Juan Carlos e Pablo Varela

o que aprendin de Irlanda

O que aprendin sobre Irlanda e que xa sei situala no mapa ,a sua gastronomia, que a sua capital e Dublin e que a sua moeda e o euro.
O que mais me gustou foi buscar a informacion ,o mais dificil foron as imaxenes e o indice , tamen aprendin que é moi semellante a Galicia no clima e na vexetación.

14/11/10

Nostián e Sogama


O mércores estivemos en Sogama e en Nostián.
Serán unha visitas inesquecibles. Primiero polo cheiro. Tremendo. E, segundo, porque eses cherio é noso. Producímolo nós. É, a outra cara do noso modo de vivir tan desenvolvido.
Foi impresionante estar diante daquelas tremendas montañas de lixo. Impresionante tamén ver como se separa, se cataloga, se recicla...
Os dous diferentes xeitos de tratar o lixo, serán motivo de estudo e reflexión na aula nos vindeiros días.
Desde aquí, agradecemos ós equipos pedagóxicos de ambalasdúas plantas as súas explicacións e atencións.
A foto é unha cortesía de Sogama

10/11/10

Mapa de Peters

Hoxe preguntáchedesme por que aquel mapa que estabamos vendo (chámase prespectiva de Mercator) era distinto do que temos na aula (perspectiva de Peters), e eu prometín unha explicación. Aí vai.
O mapa de Peters é un enfoque máis equilibrado das dimensións dos continentes e paises onde os paises do sur non parezan máis pequenos do que son.

É moi complicado facer unha representación plana (mapa) dunha superficie redonda (A Terra) pero en 1569 o flamenco Mercator, fíxoo por primeira vez. Foi acollido con alegría polos navegantes, que eran a quen máis falta lles facía ese instrumento. Pensade que, daquela, Europa era o centro do mundo.
Andando o tempo comezáronselle a ver problemas. Vexamos:
-Neste mapa creríase que India ten 3,3 millóns de km2 e Escandinavia 1,1 millóns de km2.
América Latina parece máis pequena que Groenlandia: en realidade é 9 veces máis grande: 17,8 millóns de km2, contra 2,1 millóns de km2.

-Un tercio da superficie do mapa está destinada ó hemisferio Sur, mentres que dous tercios destínanse ó hemisferio Norte.

-Europa parece aquí máis extensa que América Latina. Cando é na realidade case a metade de pequena: Europa ten 9,7 millóns de km2 e América Latina 17,8 millóns de km2.

Esto é o que explica a aparición de Peters e o seu mapa co que pretendeu ser máis fiel ós tamaños reais dos paises e continentes. Ten presente que NON TEÑEN ESA FORMA pero SI ESA SUPERFICIE.

E, agora, pensade: o mapa que Brandon tiña na súa aula Colombiana...¿tamén tería a Europa no centro?


E, neste, un xogo do profresor Fernando Pelillo

05/11/10

Medo aos ascensores

Eu teño medo a quedar encerrado nun ascensor.
Xa me pasou!

03/11/10

Tratamento de residuos

Comezamos coa asuntiño da Biodiversidade tentando aprender algo sobre o tratamento dos RSU (residuos sólidos urbáns) é dicir: que facemos co noso lixo?
Porque vos vin preocupados polo tema da contaminación e, ás veces teño a sospeita de que o noso punto de vista está sempre fóra, noutros sitios, noutras realidades, nos telediarios... sen pararnos a pensar por que razón na ría do Burgo non se pode mariscar, ou por que marcharon as donicelas do Río de Vaa, ou que é iso que aparece na auga e fai que o peixe do porto non se poida comer...

O vindeiro día 10 imos visitar as plantas de tratamento de RSU de Sogama e Nostián.
Deixo os enlaces para que vaiades lendo algo sobre elas.
A imaxe é de El Roto