3/11/10

Tratamento de residuos

Comezamos coa asuntiño da Biodiversidade tentando aprender algo sobre o tratamento dos RSU (residuos sólidos urbáns) é dicir: que facemos co noso lixo?
Porque vos vin preocupados polo tema da contaminación e, ás veces teño a sospeita de que o noso punto de vista está sempre fóra, noutros sitios, noutras realidades, nos telediarios... sen pararnos a pensar por que razón na ría do Burgo non se pode mariscar, ou por que marcharon as donicelas do Río de Vaa, ou que é iso que aparece na auga e fai que o peixe do porto non se poida comer...

O vindeiro día 10 imos visitar as plantas de tratamento de RSU de Sogama e Nostián.
Deixo os enlaces para que vaiades lendo algo sobre elas.
A imaxe é de El Roto

No hay comentarios: