31/01/14

As mil e unha noites

Este será o tema motivador dos nosos disfraces deste ano. O título correspóndese cunha das grandes obras da literatura univeral, algunhas de cuxas historias xa coñecedes pois forman parte das máis contadas: Simbad, Aladino, Alíbabá... Deixovos algúns enlaces para que vaiades lendo e escollades o personaxe que queredes recrear.
  1. Algúns contos  
  2. As historias  
  3. Pâtrón para disfraz feminino  
  4. Unha parte do conto ... con algunhas preguntiñas  
  5. Un crebacabezas

29/01/14

AVISO

Hoxe xa haberá escola.


25/01/14

Desertos

Video: Ecosistemas

21/01/14

A nutrición nun ecosistema

As cadeas alimentarias son gráficos que indican a relación de alimentación que existe entre os seres vivos dun ecosistema. De cada ser vivo parte unha frecha que se dirixe ao ser vivo que se alimenta del.


O conxunto de tódalas cadeas alimentarias dun ecosistema forman unha rede alimentaria. Nela,  represéntase gráficamente as relacións de alimentación entre tódalas poblacións de seres vivos dun ecosistema.

Rede dun ecosistema terrestre

Rede dun ecosistema acuático


Copia este esquema na libreta:
 

Relacións nun ecosistema

Dentro dun ECOSISTEMA, os seres vivos establecen diferentes tipos de relacións:
É dicir: ou serven de alimento uns aos outros, ou compiten entre sí ou colaboran... dependendo das condicións.

Ecosistemas

Un ECOSISTEMA é a suma dos seres vivos que habitan un determinado espazo e ese espazo propiamente dito. O conxunto dos seres vivos (animais, vexetais e fungos) chámase BIOCENOSE e as características do lugar (solo, luz, humidade, temperatira, altitude): BIOTOPO

02/01/14

Caderno de animais raros

No pasado trimestre comezamos a familiarizarnos coa edición dixital así como coa redacción de pequemos informes. Velaí o resultado dalgúns deses traballos: o xa clásico caderno de Animais Raros.