20/12/11

Felicitación



Os nenos e nenas de 5ºB desexámosvos:

FELICES FESTAS!!!

10/12/11

Dereitos dos nenos e nenas no Sahara

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!


Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.


Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

01/12/11

Informe versión GRIMM



Informe CINCENTA


Segundo a versión dos irmáns Grimm
Contos de Grimm. Ed. Xerais (Vigo, 1998)


Vou analizar o conto de Cincenta recollido polos irmans Grimm . Voume centrar nos personaxes máis relevantes: a madrastra , as medio-irmáns e Cincenta.

A madrastra caracterízase por defectos tanto na forma de ser como nas accións . Pódese dicir que neste conto a madrastra é descrita como unha mala persoa.

Ás medio-irmáns atribúenselles defectos no caracter anque cualidades no fisico. Estes personaxes describense como malas persoas anque fermosas.

Cincenta nesta historia móstrase como un personaxe moi activo.
Ó principio é descrita como unha criada e ao final acaba sendo describinta coma unha raiña . Cincenta nesta historia é moi positiva tanto en cualidades como en accións e moi activa porque as cousas boas que lle van pasando sempre son porque ela fai algo, non porque se limite a chorar (Disney) ou pedir (Perrault) .
Na versión dos Grimm no hay fada madriña nin variña máxica pero o que si aparece é o espíritu da nai que é como se a protexera sempre.
Pareceume unha versión moi diferente das que eu coñecía, sobre todo por eso: porque a rapaza fai moitas cousas e case non chora nada.



Uxía Casal, Malpica, Novembro de 2011

24/11/11

Vestimos a Cincenta


Estas son as Cincentas vestidas en familia.
A actividade levouse a cabo nas casas respectivas e os rapaces contaron coa colaboración de papás, mamás, irmáns...
Como vedes hainas de principios do S.XX, dos anos 60, algunha de moda étnica, outra cun esmoquin moi feminino, outra coa moda grega... e a maioría son moi actuais. Mesmo hai unha moi navideña!
Podían escoller calquera dos dous intres polos que pasa a protagonista na historia: antes ou despois de cambiar de estado.
Os libros que usamos para documentarnos foron:
MORLEY, J. Roupas de traballo, xogo e lucimento,Ed. Xerais (1994)
Ventura, P. Los vestidos. Objetos, formas y usos en el vestir a través de los tiempos. Ed. Everest (1993)
A que escollimos democráticamente para formar parte do mural conxunto de todo o colexio foi a de Diego García.
A min gústanme todas!

Cincenta. Proposta de traballo 5ºA

Comezamos co noso traballo sobre o conto escollido: CINCENTA.
A base desta traballo é o PDI elaborado para todo o centro Cantos contos contas ti?
Concretaremos aquí o PDI para a aula de 5ºA.

Despois de ler máis de 20 versións da historia de entre as que ten a biblioteca escolar e as que tiñan os rapaces e rapazas na casa, escollimos 3 para traballar sobre elas:

  1. A versión de J e W GRIMM incluida no libro Contos de Grimm (Ed. Xerais, 1998)
  2. A versión de Perrault, incluida en Cuentos de Perrault de Ed. Servilibro
  3. Unha versión Disney, incluída no libro Cenicienta (Ed. Beascoa, 2007)
O primeiro paso:
Obxectivo: Vestir a Cincenta.
  • Analizar as diferentes ilustracións das versións lidas.
  • Situar esas ilustracións na época histótica que lles corresponde, orientándonos polos libros de Historia do vestido que hai na biblioteca.
  • Escoller unha época para vestir á túa protagonista.
  • Vestir á protagonista, usando a plantilla que se facilita,
Segundo paso: 
Obxectivo: elaborar un informe de como se caracterizan nela ós personaxes seleccionados.
  • Ler detidamente cada versión. Usando a plantilla que se facilita,
  • Recoller tódolas características (adxectivos) e accións (verbos)que se lle adxudican a cada un dos personaxes estudados.
  • Clasificalas en positivas, negativas, activas e pasivas
  • Elaborar, cos datos obtidos, un informe do relatado nesa versión.
Terceiro paso:
Compararemos as tres versións, situándoas cronolóxicamente no tempo prestando atención aós elementos que se suprimen, que se incorporan... E reflexaremos as conclusións nun informe final.

Cuarto paso:
Obxectivo: escribir e debuxar o conto secuenciadamente dándolle a forma dun KAMISHIBAI.
  • Decidiremos en gran grupo as escenas que queremos plasmar plásticamente
  • Adxudicaremos a cada unha o fragmento de texto que lle corresponde .
  • Debuxar e escribir. Cada escolar será autor de, alomenos, unha ilustración e un fragmento do texto.
  • Enlazaremos cada fragmento de texto co anterior e o seguinte.
  • Estudaremos tipos de plano (xeral, enerio, americano, medio, primeiro e de detalle) e perspectiva (picado e contrapicado)
  • Os debuxos faránse en A4 e despois ampliaránse en A3
  • Coloreamos e escribimos oo texto con estructura de kamishiba. 
 Este traballo dará fin ao Proxecto.

    04/11/11

    Os anxos escuros


    Os rapaces e rapazas de 6º preferiron escribir a súa propia obra e...¡meu dito, meu feito! Puxéronse mans á obra e .... iste foi o resultado.
    O certo é que foi unha semana estupenda na que todos disfrutamos do traballo de todos.
    Agradecemos, desde aquí o traballo do profe Josecho de cuxas mans saeu toda esa fermosa decoración que vedes.

    28/10/11

    andrea


    Eu chámome Andrea e teño 10 anos.
    Teño o pelo longo e son castaña.

    Son alta e os meus ollos son de cor marrón claro e grandes. O meu nariz é pequeño e a miña boca e grande .

    Gústame fecer ximnasia rítmica e manualidades. Non me gusta estar toda a tarde vendo a televisión. Gústanme moito os cans (teó 3) e os gatos (tño 1) Ademáis, teño un coello.

    Teño un irman que se chama Miguel e ten 17 anos

    Santi



    Teño 10 anos. Mido 1,55cm. Gústame xogar ao fútbol, ao baloncesto, ao voleibol etc…Támen son aficionado ás maquinitas.
    A miña comida preferida é a tortilla, tamén o raxo e o churasco.
    Teño un can chamado Lucas que é moi cariñoso e ten máis de 4 anos.

    Uxía






    O meu cabelo é castaño e ondulado, as miñas meixelas son redondas e os meus labios son rosados e delgados.
    Gústanme os cabalos e os cans. O meu chamase Timón. Tamén me gustan as galiñas , sobre todo as da miña avoa , que son 47. A miña preferida é Maria Pita.
    Teño unha irma e 4 primos, miña irmá chámase Paula ten o cabelo rizo e marrón.
    Na miña clase teño 12 compañeiros e a miña mellor amiga é Nuria e a miña profesora é Olga.

    Noelia


    Vivo xunto á praia .Mola un montón porque podo vela desde a miña ventá pola noite ou cando está a posta de sol e gústame moito vivir en Canido que é un sitio moi tranquilo.
    Eu teño unha personalidade singular. Teño unhas amigas moi boas que me comprenden moi ben. Eu tamén as comprendendo moi ben a elas porque nos coñecemos desde pequenas.
    Son una nena moi activa e gústame moito xogar ó fútbol e cousas de balón : balncesto pilla-pilla, escondite, bolonmán e boleibol.

    Nerea

    Chámome Nerea. Teño10 anos e nacin en Suiza porque meus pais estaban alí traballando pero xa viñen para Malpica cando tiña tres meses.

    Vou á escola a Malpica. Teño 3 mascotas: unha cadela , unha tartaruga e unha cobaia.

    Gústame andar na bicicleta e ir á piscina . Vou case todo los dias a casa do meu veciño. Gústame levar chandal , pantalóns vaqueiros , tenis e chancletas , non me gusta levar saia nin bailarinas.

    Pedro

    Vivo no picote da Atalaia, que é un sitio de Malpica.
    Teño o pelo castaño e longo;os ollos de cor marrón. Teño a boca pequena e son baixo (mido 1.45m) Teño 11 anos.
    Son moi áxil. As miñas aficións son xogar ao futbol, andar en barco e en lancha, xogar ao balonmán e xogar ao baloncesto …


    Martin


    Vivo en Malpica de Bergantiños .A min encántame xogar e rir. Non teño mascotas, porque meus país din que dan moito traballo.

    Xogo ao fútbol e ao baloncesto no equipo do Malpica e tamén practico a natación na piscina de Carballo.

    Teño moitos compañeiros por todo o mundo.

    Diego García



    Teño dez anos, moitos amigos e moitas ganas de facer deporte tódolos días.
    O meu deporte favorito é o fútbol e a miña afección preferida é ler. Tamén me gusta andar no ordenador e saír á rúa xogar cos meus amigos.
    A miña comida favorita é o churrasco. Logo, tamén a froita. Teño unha irmá que me trata moi ben e chámase Carla.
    De maior encantaríame estudar xornalismo para deportes.

    Nuria



    Eu nacín en Barizo . Gústame moito debuxar e patinar e o deporte que mais me gusta é o baloncesto .
    Gústame moito os animais sobre todo os cans ,teño unha cadela que se chama Dorna é pequena e xoguetona .Tamén me gusta viaxar e conocer lugares e xente nova.
    O que menos me gusta é estar soa na casa sin ter xente con quen xogar. Cando o mellor o paso é
    cando estou coas amigas.

    Zaira


    Teño 9 anos, gústame moito saltar á comba. Este verán estiven nun curso de montar a cabalo e estou desexando volver.

    Vivo en MENS. Teño un peixe e una tartaruga. O meú peixe chámase Tiburón e a miña tartaruga Sonrisa.

    Eu teño os ollos marróns, o meu nariz é pequeno e a miña boca tamén.

    As miñas amigas son: Uxía, Nuria, Eva, Andrea, Nerea e Noelia.

    21/10/11

    Diego Castro

    Vivo en Seaia. Gústanme moito os deportes, pero o que máis o futbol, entre outras cousas porque cando vou ós sitios xogar relaciónome con máis nenos.

    A miña cor favorita é o azul porque polo día, se está despexado, vese todo o ceo azul.

    Eu vivo con meus avós, meus pais e miña irmá. Estes anos non estou moi feliz porque miña irmá está en Ferrol e non paso moito tempo con ela.

    Teño catro mascotas: dous cans chamados Rai e Lucas e dous gatos chamados Leiloio e Negrita.¡Son os catro moi xoguetóns!

    12/09/11

    5ºA: Comezamos!!!

    Estes somos nós: a clase de 5ºA. Durante este curso e o que ven usaremos este espazo web para aprender, para traballar, para divertirnos... Na foto falta un compañeiro: seremos 14.
    Nos vindeiros días iremos presentándonos un a un.
    Desexamos que, a pesares de que o curso comeza con tres profes menos no noso cole, poidamos seguir aprendendo como fixemos ate agora.
    COMEZAMOS!!!

    06/07/11

    Máis...

    Este é o sitio web da zona de alumnos da Junta de Castilla León. Preme sobre a imaxe e accederás a unha chea de xogos.

    Xogos de verán

    Preme sobre a imaxe e poderás acceder a unha páxina con actividades para o verán que fixo a Junta de Castilla y León. Fundamentalmente son xogos nos que terás que usar as cousas que sabes.
    Lembrade que...todo órgano que non se usa, atrófiase!

    Lembrades?

    Este é un agasallo para Nati e Ana. A imaxe foi tomada hai anos e atopeina hoxe revisando carpetas e facendo balances.
    Remataron o curso sendo colaboradoras da biblioteca, responsables onde as houbera e puntais moi importantes do funcionamento diario. Pero xa vedes que non hai casualidades porque a foto é unha mostra de como sempre participaron dalgún xeito.
    Unha vez máis...Grazas!

    20/06/11

    O último Proxecto


    Como último Proxecto en 6º, sempre propoñemos a construcción dun circuito eléctrico convertido en algo. Sempre construido con materiais de refugallo.
    Confeso que cada ano sodes quen de sorprenderme con construccións máis imaxinativas e novidosas.
    Armazóns de paraugas, envases diversos, bonecos dos ovos de chocolate, xoguetes avariados... a colaboración da familia e moita imaxinación, foron os ingredientes.
    Aí tendes os circuitos e os seus creadores e creadoras.
    Sen máis: moita sorte na vida que ven!
    E, lembrade que esta será sempre a vosa escola.
    O álbum podedes descargalo AQUÍ

    17/06/11

    A miña última entrada no blog

    Son Tania Varela de 6ºB e esta é a miña última entrada neste blog.O que máis me gustou deste curso foi ir ao camping Fieitás,no Grove,e a gran festa de cumpreanos da miña compañeira Nuria.


    As miñas materias favoritas foron matemáticas,reli,música e Ximnasia.


    Nesas materias,os meus traballos favoritos foron os números negativos e o sistema das horas(sistema sexaxesimal)

    10/06/11

    ANTIA


    A historia e un tema que me gusta moito porque sempre tiven curiosidade de saber
    o que pasou antes de que eu nacese.

    A hitoria esta chea de persoas que destacaron por algo en concreto por exemplo: rei,
    poeta,...

    A despedida.





    Ao longo deste curso as materias que máis me gustaron foron: Educación fisica, relixión e matematicas.


    Ás excursións so foron dúas: Nostian con Sogama e o camping Fietás de O Grove.En Sogama tiñan mascarillas pero preferia que as tuvesen en Nostian porque cheiraba moitisimo máis.



    ATA SEMPRE MILLADOIRO!!!!!!!

    Samuel

    Este ano foi o mellor sobre unha das miñas clases preferidas:O coñecemento.

    Traballamos a historia dun modo diferente ós anteriores , que me encantou.Cando acababamolos traballos sentía unha grande ledicia que dependendo do esforzo que fixera era máis grande.

    Agora estamos acabando o curso e gústariame que no I.E.S. Ponteceso podamos facer estes traballos tan marabillosos.

    ATA SEMPRE MILLADOIRO!!!

    Gabi e o Saxofón



    Como este é o meu último ano no colexio, tamén é a miña última entrada, claro... Entón vou a explicarvos a miña carreira de saxofón, aínda non rematada.

    Comecei con 8 anos, o saxofón era máis grande ca min. Pareceume fácil, non me custou traballo aprender as posicións.
    Actuo nas festas en Malpica, toco nas galas de fin de curso da Asociación Cultural Malante.

    Agora vou en 4º, vou facer unha proba para pasar a 1º de Grao Profesional. A min gustariame que escoitarades esta canción, La Pantera Rosa

    Nuria



    Esta etapa tan especial da miña vida, termina e comeza unha nova, cambiando os compañeiros, profesores e colexio.


    Botarei de menos os profesores e as clases tan divertidas de Olga, e sobretodo da miña asignatura preferida as matematicas!!!


    Espero seguir estudando porque quero ser notaria.

    Xa sei que terei que esforzarme MOITÏIIIIIIISIMO, pero estou disposta a facelo.

    E, para divertirme... xogar ó baloncesto.

    Acabase un ciclo importante


    Acabase un ciclo importante na miña vida como estudiante de Primaria.
    Nesta etapa académica aprendín moitas cousas como: a facer traballos de educación documental, a expresarme coas miñas palabras, a ser mellor persoa...
    Este último ano en primaria foi para min un dos máis importantes e divertidos da miña vida escolar porque foi donde averiguei que me gustaba moito facer cousas novas, espero que os 4 anos que pase no instituto sean iguais.
    Sempre recordarei ós meus compañeiros e tampouco me esquezo dos meus profesores e profesoras que me axudaron a chegar ata aqui.

    Hugo

    Xa que este é o ultimo ano neste cole, ou eso penso eu, quérome despedir de todos explicando, polo miudo, quen son eu:
    Son un rapaz ao que lle gusta a lectura e as matemáticas que de maior desexa ser titor de primaria ou secundaria. Por iso teño ganas de superar o instituto para e chegar a universidade coas mesmas ganas que agora.

    No instituto non so vou facer amigos, senón que vou descubrir quenes son os meus verdadeiros amigos.

    Tamén sei que é unha epoca moi dura, chea de cambios, problermas e dificultades que co tempo se poden superar.



























    01/06/11

    Aniversario

    Hoxe estivo Nuria de aniversario.
    Parabéns!!!

    Ese fermoso doce de chocolate...¡tamén saíu das súas máns!
    Esta rapaza sabe de todo.

    17/05/11

    ...e fin!


    Xa de volta destes días de xogos e camaradería, deixovos as imaxes para lembrar.
    Agora aínda toca rematar o curso e ...¡todo iso!
    Pero estes días estarán sempre na nosa memoria.
    Tódalas imaxes AQUÍ

    15/05/11

    Viaxe fin de curso


    Algunhas imaxes do que foi o noso primeiro día no Fieitás.
    As fotos para descargar están AQUÍ
    Despois de organizarnos en grupos paa os dormitorios e pórlles nome, comemos.
    Pola tarde, o vento non nos deixou voar as cometas nin atender ben ás explicacións da visita á lagoa. Pero pasámolo ben de todos xeitos.
    Xa pola noite,e despois de cear, fixemos un xogo de pistas. O vento seguía tolo, tolo.
    Pero hoxe xa calmou.
    Seguiremos a informar!

    07/05/11

    Coma colofón


    Rematamos cos temas de Historia que penso foron interesantes e productivos.
    Espero, de verdade, que cando no resto da vosa vida escolar teñades que abordar o estudo desta materia o fagades con interés, con curiosidade, sabendo que non é unha ristra de datas e enfrontamentos bélicos.
    Coma colofón deixovos este enlace a un blog que veño de coñecer. É dunha profesora de bacherelato pero non hai ningunha dificultade para achegarse a el.
    Deixarei o enlace entre os permanentes para que no futuro poidade, tamén acceder ás estupendas explicacións que ten.
    Porque un profesor, canto mási sabe, millor se explica.

    06/05/11

    A ILUSTRACIÓN




    Eu aprendin moitas cousas sobre a ilustración, que foi un movemento filósofico e cultural que pretendia romper coa politica que había nese momento.


    Tamen aprendin que uns dos ilustrados foron: Montesquieu, Immanuel Kant e Voltaire.


    Foi un movemento que pasou en varios paises euripeos pero o mási famoso é Francia porque alí escribiron a Enciclopedia

    A Revolución Francesa


    A Revolución Francesa era un proceso social e político do ano 1789 en Francia, fíxose porque os pobres querian as mesmas prioridades que os ricos.

    O pobo de París asaltou a Bastilla para reclamar os seus dereitos e facer realidade o lema: Igualdade, Liberdade e Fraternidade.
    Fartos de aguantar o despotismo dos nobles e poderosos, rebeláronse contra eso.

    A fortaleza da Bastilla era un símbolo para o rei porque alí encarcelaba a xente que non lle combiña, tamén gardaban a pólbora, por iso os revulucionarios a asaltaron porque as armas xa as colleran noutra.
    Finalmente, conseguiron o que pretendian.

    CIDADES DO SÉCULO XIX


    Eu elexín este tema porque queria comparar as cidades do século xix coas cidades de agora.
    Foi moi interesante comparar a cidade de A Coruña de antes coa de agora: non se parecen en nada.
    Tamén vin as casas dos ricos e pobres dese sèculo.

    29/04/11

    Sociedade no S. XVIII


    Neste traballo vin moitas cousas novas que vos direi ahora como que as vacinas inventaron neste seculo e a pila eléctrica tamén.

    Nesta época o rei tiña todo o poder e a burguesia tiña mais poder economico e social que no século anterior: cada vez son máis importantes as fortunas que veñen dos negocios e a producción industrial..
    A industria estaba nas aforas das cidades e os campesiños abandonanban o campo para ir traballar a elas. Había tanta xente que facía eso que a man de obra era moi, moi barata.
    A sanidade, a escola... eran para quen as podía pagar. Dese modo, calquera enfermidade posía converterse nunha peste acabando con moitas persoas dunha vez.

    FRANCISCO GOYA



    Eu traballei sobre Francisco Goya Que era un pintor do s.XVIII. foi o mellor pintor desa epoca. Foi cartonista para a real fábrica de tapices, pintor de corte, e despois fixose pintor do estilo neoclásico.


    El era xordo dunha orella,e a sua enfermidade foi empeorando

    ata chegar ao punto de ser completamente xordo. Isto fixo

    que o seu estilo cambiara pouco a pouco ata chegar ás pinturas

    A cidade no S. XIX

    Nós escollimos este tema porque queriamos saber algo máis sobre as cidades do s. XIX.

    Tamén aprendimos que ó principio do seculo non se limpaban as rúas e acumulabase o lixo porque ninguén o recollía, xa que non había servizos comunitarios.

    Como podedes ver nesta foto as cidades eran moi distintas das de agora. Non había coches de motor, os que había eran poucos e tirados por cabalos.

    Os rañaceos non se inventaran daquela, iso foi no s.XX. No XIX, as vivendas eran todas unifamiliares: grande e espaciosas e de vairas plantas para os ricos e pequenas e dunha soa planta para os pobres que, en ocasións, para poder pagar a renta compartíana con outras familias tamén pobres.
    Repartíanse por barrios: de casas ricas e de casas pobres. Os pobres eran o 90% da poboación e os ricos o10%.

    Feito por: Adrián Vila e Pablo Parga.

    Obreirismo


    Nos quixemos investigar sobre este tema para saber como vivían os obreiros no século XVIII e XIX.
    Este traballo foi moi duro porque expresarte coas tuas propias palabras non é doado, pero sí divertido.
    O que máis nos sorprendeu do traballo foi esta foto que mostra a forma de vida tan miserable que tiñan os obreiros.
    Moitos campesiños emigraban á cidade en busca dun traballo nas novas fáricas: terían por primeira vez un salario a cambio do seu traballo. Había tantos que traballaban en condicións miserables: moitas horas, ningunha seguridade, ningún descanso... de modo que moitos morrían. Non era un problema pois había outros moitos dispostos a ocupar o seu posto de traballo.

    Estas condicións miserables fixeron que co tempo naceran as asociacións de obreiros pedindo os seus dereitos. O que hoxe son os sindicatos.

    Carlos III de España

    +


    A mi lo qué más me interesó del trabajo de Carlos III es que era una muy buena persona y en Madrid lo llaman como el mejor alcalde de Madrid.

    Carlos III
    aportó muchas cosas a España: el Hospital san Carlos III, que ahora es el Museo Reina Sofia, la puerta de Alcalá, creó las escuelas de Arte y Oficios, la Loteria Nacional...

    Lo que más interesante me parecio del trabajo es qué me quedé impresionado cuando vi todas las cosas que aportó a España.

    Brandon Andrey Castillo Sevillano

    OS NATURALISTAS






    Charles Robert Darwin e Alexandro Malaespina eran uns naturalistas do seculo XIX que ofreceron moitas cousas ao mundo por exemplo Charles Robert Darwin descobreu que todas as especies evolucionaron e publicou un libro chamado A Orixe das Especies .



    Alejandro Malaespina mandou a expedicion Malaespina que aportou un informe moi inmportante sobre o estado real dos paises do outro lado do Atlántico que formaban parte da corona española. O informe tiña unha parte política e outra científica na que había mapas e estudos sobre plantas e animais (en 1788)


    Agora mesmo hai unha expedición científica que leva o seu nome é vai estudar os efectos do cambio climático no mar.

    A Enciclopedia


    Eu traballei sobre a Enciclopedia.

    Facendo este traballo aprendín moitas cousas como que a Enciclopedia è un libro no que se xuntan todas as ciencias ou que en 1747 Denis Diderot e Jean le Rond d`Alembert xunto a outros escritores como Voltaire, Montesquieu, Jean-Jackes Rousseau...escribiron a chamada enciclopedia recollendo nela cantos coñecementos había en tódalas ciencias coñecidas.
    È por iso que hoxe lles chamamos asì.

    O que máis me gustou facer neste traballo foi pasalo a limpo e o que menos foi facer a bibliografia.

    A máquina de vapor e a Revolución Industrial



    Nós escollimos este traballo porque non sabíamos moito da Revolución Industrial e a máquina de vapor ata que a nosa profe nos foi falando máis do tema e , gustounos tanto que o escollimos.
    O que máis importante nos pareceu foi o gran avance que supuxo que os traballos que antes se facían a man , con tanta dedicación , se fixera sen esforzo algún , cunha máquina.
    Este cambio revolucionou o mundo e dixouno como nós agora o coñecemos.

    Carlos III

    Eu con este traballo sobre Carlos III aprendín diversas cousas, pero neste momento recordo só algunhas, como por exemplo:
    Naceu o 20 de xaneiro de 1716 e morreu o 14 de novembro de 1788.
    Era fillo de Filipe V e de Isabel de Farnesio.
    Casou con María Amalia de Sajonia e reinou en España desde 1757 ata 1788.
    Foi coñecido coma o mellor alcalde de Madrid porque se ocupou moito de mellorar a cidade facendo:
    Adoquinamento e iluminación das rúas.
    Construción de edificios coma o Museo do Prado,reais academias,reais fábricas e hospitais.
    Creou a Lotería Nacional.
    Fixo a Fonte de Cibeles
    ...entre outras cousas!

    27/04/11

    Que levou a alguén a facer algo?

    Velaí! Eiquí tendes o caderno coas versións que fixéchedes do conto de Carapuchiña.
    Téndelos na versión audio no lateral do blog.
    Noraboa por estas recreacións que, en ocasións, resultaron tan divertidas.
    Está ben esto de cambiar o punto de vista ou de afondar nos motivos que teñen os personaxes para facer o que xa sabemos que fixeron...

    15/04/11

    Sociedad del S.XVI



    Este trabajo me gustó mucho hacerlo porque fue entretenido.
    Aprendí que habia muchos trabajos que non hai ahora como: sereno, mosquetero, aguador.

    Todas las ciudades estaban distribuídas al rededror de una fuente, donde se iva a coger auga porque no había agua correiente. En esa plaza del centro de la cuidad (o pueblo) también se celebraban los mercados.
    Todavía hoy son el centro de reunión para la gente que vive en ellas. También en los pueblos. Pero yo no sabía que eso venía de áhí.
    Los ciudadanos más ricos se vestían con una prenda que yo conocía pero no sabía que se llamaba así: la gorguera, que podía llegar a tener el tamaño de la rueda de un carro!
    Un plato frecuente en las mesas de los ricos eran toda clase de preparaciones cremosas, como los purés y las mousses.

    Literatura



    ¿Que dicir deste traballo?: que antes eu non sabía didir o que era a literatura, pero aprendín que era a arte de expresarte con palabras (non puxen o que era no traballo).


    Destacoume o teatro, que facía que as persoas esquecesen os seus problemas e preocupacións cotiás.

    Un escritor importante foi Cervantes, que fixo a famosa historia de Don Quixote. E un que me fixo rir moito foi Quevedo co poema do naris grande dedicado ó seu inimigo Góngora



    A imaxe ven de aquí

    11/04/11

    Perro salchicha

    Canta: Rosa León.
    Letra: María Elena Walsh
    Poema

    La vaca estudiosa


    Voz: Rosa León
    Poema: María Elena Walsh
    Podes ver o poema AQUÍ
    Hai uns días que andamos coa poesía entre as mans.
    Hoxe pasámolo moi ben analizando esta da autora arxentina.
    Nós dixemos que fala sobre a diferencia e sobre aqueles que perden o tempo en poñelas de relevo e facelas visibles en lugar de centrarse no seu traballo e seguir aprendendo e camiñando.
    A boa literatura... é o que ten: que canto máis escarvas, novos significados vas topando.

    01/04/11

    A Inquisición



    Nós xa sabiamos que a Inquisición era algún tipo de policía, porque o o vimos en Aguila Roja, e pouca cousa máis.
    Logo fomos adentrándonos máis no tema, e descubrimos que foi un Tribunal creado polo papa Gregorio IX no ano 1231, servía para perseguir, identificar e xulgar os herexes.

    Tamén aprendimos que Tomás de Torquemada executo a máis de 1000 persoas nos seus xuízos.
    A Inquisición rematou no ano 1834.

    Carlos II o enfeitizado

    Carlos II o enfeitizado naceu en 1.661 en madrid , España.Era fillo de Filipe IV de Castela e de Mariana de Austria. Cando morreu no ano 1.700 comezou a Guerra de Sucesión pola Coroa española, que saiu gañador Filipe de Anjou , neto do rei frances Luis XIV.Esto foi porque Carlos II non tivo fillos con ninguén. Desde aquela, a coroa española está nas mans dunha dinsatía francesa chamada Os Borbóns.

    FELIPE II



    A miña amiga mais eu sabiamos que Felipe II fora o rei de España pero interesamonos por este tema porque nos sorprendimos de que casou cunha prima e logo cunha sobriña e xa sabemos que era unha cousa normal pero sorpresndeonos igual.El naceu en Valladolid

    ¿Como se vivia no s. XVII?


    Eu xa sabia algo sobre o século XVII das vivendas e dos deportes que empezaran a florecer.
    Despois de investigar souben o que era unha gorgueira e que en Holanda podian chegar a acadar o tamaño dunha roda.
    Aprendín que a maioria das vivendas dos pobres nas cidades tiñan grietas no teito e nas paredes e que se lles filtraba a auga.
    Os deportes máis habituais eran: os bolos, o cricket...