20/03/13

Deseñamos xoias

Sabedes que é a benitoita? E a alejandrita? Sabiades que hai unha pedra que cambia de cor según si lle dá a ñuz artificial ou a do día?... Pois todo isto aprendimos mentre elaborabamos estses traballos para o concurso que cada an organizao Colexio de Xoiaría de Galicia. P.D.- As respostas ás preguntas téndelas AQUÍ)

Descripcións de instrumentos

Os nenos e nenas do CEIP Agro do Muiño tamén andan a investigar sobre os instrumentos tradicionais e...¡este é o resultado!

14/03/13

Ecomuseo de Buño

E, hoxe: Buño. Unha excelente visita na que, ademáis de achegarnos á vida dos oleiros, tivemos a ocasión de traballar o barro coas mans. Sempre é un placer aprender máis sobre quenes fomos, para saber mellor quenes somos. DESCARGA AS FOTOS AQUÍ

Concerto e domus

O mércores fómonos á Coruña. Primeiro á Agora a escoitar un concerto de música tradicional que nos brindou a Banda de Música Municipal. Despois fomos á Domus, comemos e visitamos ese museo científico. Por último, asistimos a un documental e 3D sobre os atolóns- Un día estupendo!

12/03/13

Glogster

Video:

06/03/13

Susana Seivane. Semana da Muller Traballadora I



Comezamos a Semana da Muller Traballadora coa exposición dos nenos e nenas de 6ºA. Fixeron a biografía de Susana Seivane e, a propia artista, a través do correo electrónico con Sofía Ures, correxiu os datos que non eran exactos.
 Así que, esta presentación ten a categoría de Biografía Autorizada.
Para nós foi moi valioso que esta muller, famosa no mundo enteiro, estivera tan disposta a axudarnos e falar directamente con nós.
Foi algo que nos gustou moito, moito.
Velaí un exemplo de muller traballadora.