31/01/11

Colón e o descubrimento. Videos

Neste aparatiño están xa xuntos os vídeos sobre Colón e o s. XVI.
Só hai que usalo coma calquera reproductor.
Así será máis doado.

30/01/11

Serendipia

Esta semana falamos de SERENDIPIA e imos afondar algo máis na orixe desta palabra.
Os tres príncipes de Serendip, é un conto tradicional persa (actual Sri Lanka)  Conta a historia que estos tres personaxes encontraban, sen buscala, a resposta a problemas que non se plantearan; que, gracias á súa capacidade de observación e á súa sagacidade, descubren a solución a dilemas non pensados.

Cando a mediados do s.XVIII, Horace Walpole coñeceu a histoira, gustoulle tanto e pareceulle un don tan peculiar que escribiu a historia e deuna a coñecer en Europa.
De pasó acuñou a nova palabra.
SERENDIPIA= accidente afortunado, descubrimento accidental.
En castelán o sinónimo máis cercano sería CHIRIPA ou CSUALIDADE. Pero, xa sabemos que non hai sinónimos perfectos. Así que.... SERENDIPIA é a palabra que usaremos.
Serendipias famosas históricamente, ademáis do descubrimento de América, éstán consideradas tamén: as vacinas, o teflón, os post-it, a internet, o transistor... Podedes buscar máis.
A historia actual que máis se inspira á dos tres príncipes é a serie televisiva House.

23/01/11

La ovejita que vino a cenar



libro
Para que preparemos millor a teatralización da lectura.

17/01/11

As voces dos personaxes



Agora que andades a ler os contos clásicos con tanto afán, deixovos o prometido... coma unha mostra máis daquelo das inflexións da voz
A que a voz da Toupiña está ben acaída?
Tamén vos o estades a facer moi ben.
Poñeremos a reportaxe de imaxes ó final da semana.
Mentres tanto...¡disfrutade!