28/10/22

5ºEP_ Lectura Terrorífica: Xa chegou Samaín!

Onte, na XIII Semana das Lecturas Terroríficas, bailamos e cantamos a nosa produción propia ao ritmo da música "Xa te vin xabarín" para celebrar que

XA CHEGOU SAMAÍN!

Esperamos que moverades o esqueleto. Nós, este Samaín, puxemos os ósos a bailar.

27/10/22

6ºEP_LECTURA TERRORÍFICA: UNHA EXCURSIÓN DE PESADELO!!!

 Como ven sendo habitual nos últimos anos, cada curso elabora unha ¨Lectura Terrorífica¨ que expón diante dos demáis integrantes do centro. A biblioteca ambiéntase para a ocasión e vívese o Samaín dunha maneira moi especial, xa que se xuntan moitas sensacións: nervios, incertidume, emoción, e como non podía ser de outro xeito, algo de medo tamén...

A continuación compartimos o traballo elaborado polo alumnado de 6º que consiste nun audio gravado na nosa Radio Escolar ¨Radio Balea¨. Primeiro pensaron as ideas principais sobre as que xira a trama e despois déronlle forma coa axuda de Estefanía. Unha vez obtida a historia, guionizouse e gravouse na radio, colaborando Óscar na edición. O resultado é unha historia de suspense e intriga cun final esperado.

Esperamos que vos guste e pasedes un moi bo Samaín!!!


Presentación dos seres mitolóxicos que inteveñen premendo na imaxe



19/10/22

5º e 6º EP_Saída á sede da Real Academia Galega

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Cancioneiro de Buño, un dos exemplares doado polo Concello de Malpica a nosa Biblioteca, foi presentado, no día de onte, na sede da Real Academia Galega.

A esta presentación asistimos 5º e 6º de Primaria acompañados polos titores. Na presentación demos boa conta das coplas recollidas no libro que aúna dous mundos creativos: a olería e a literatura popular. Premendo na seguinte imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Imaxe Real Academia Galega

Voltamos da presentación co noso exemplar asinado polo editor literario, o cal recolle na dedicatoria a importancia de valorar e salvagardar o noso rico pasado.

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Agradecemos a doazón dos exemplares por parte da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do noso Concello, así como a saída complementaria.

Unha mañá literaria!