27/02/12

Rosalia e Quempallou

Mirade que letra tan moderna para un poema que foi escrito por Rosalía de Castro e publicada en Follas Novas (1880). Nela, Rosalía emprega un finísimo humor que case é sarcasmo para esplicarnos como era a vida da muller e a do home na sociedade rural. ¿A que non cambiou tanto, salvando as distancias?

Deixovos tamén a letra para que vaiades ensaiando:

21/02/12

Grandes inventos da Idade dos Metais

Neste período producíronse tres invencións que facilitaron moito a evolución pois fixeron todo máis doado. A saber:



A vela, permitiu extender a navegación e que as embarcacións fixeran travesías mási longas



 A roda foi crucial para a extenxión do comercio (podíanse trasladar mási mercadurías, máis pesadas e máis lonxe)
O arado é a primeira tecnoloxía aplicada á agricultura e permitiu labrar extensións maiores de terra. É dicir: ter máis comida, poder manter a máis individuos e cambiar (ou vender) o que sobra.

01/02/12

Para cando remates...

600 a.c. As saunas castrexas


Un dos espazos mais enigmáticos da cultura castrexa son as saunas, construidas con grandes placas de pedra. As saunas tiñan relación con ritos relixiosos ainda descoñecidos.
El legado celta (X.R. Novoa, 2011)

650 a.c. A sociedade castrexa


Neste vídeo cítase o que escribeu Estrabón (63-24 a.c.)

2.000 a.c. O nacemento dos castros

O megalitismo en Galicia

6.000 a.c. O descubrimento da agricultura

Cova de Altamira


Recreación da vida cotiá no Paleolítico: cova de Altamira

O legado celta


Para comezar a nosa investigación sobre a cultura castrexa, este video no que se comparan os asentamentos galegos cos de Inglaterra, Irlanda e Escocia, deténdose especialmente en Stonehenge.
Trátase dun documental que dura case 52 minutos dirixido por José Manuel Novoa para EXPLORA FILMS no 2011, destinado a emitirse en varias canles internacionais, incluída National Geographic.
En palabras do director::“Hago esta película, primero, porque nunca antes se hiciera nada sobre el tema castreño. Y, segundo, porque me enamoré de un castro, el de Baroña, en Porto do Son. Un lugar espectacular. Una península con tres murallas y un castro que si se conociera tendría muchísima fama."
A productora non nos deixa incluir o video neste blog, a pesares de que segue colgado en Youtube. De maneira que vos deixo o enderezo para que o poidades ver alí. Paga a pena