22/01/12

Evolución de poboación en Galicia no s. XX




A poboación de Galicia aumentou 702.823 de habitantes ao longo do século XX (dende 1.900 ata 2011)
O crecemento non foi continuado porque houbo 3 periodos nos que houbo baixadas:
  • entre 1950 e 1970
  • entre 1981 e 1991
  • e entre 2007 e 2011.
Tamén se ven 2 subidas destacadas: , que son as das decadas dende os 30 os 50 e dende os 70 aos 80.
Densidade de poboación Galega é de 93, 7 habitantes por cada kilómetro cadrado.

O descenso máis pronunciado foi o de 2007 ata 2011 devido o pouco emprego e a inmigración.





19/01/12

Percebeiros

A Agrupación de Percebeiros da Confraría de Pescadores de Malpica, ven de pór en marcha este sitio web no que expoñen a súa actividade profesional.
Ten o contido dun sitio profesional no que eles e elas atopan doadamente información que lles resulta necesaria (por exemplo sobre as aperturas mensuais)
Paréceme destacable o espazo chamado OFICIO no que inclúen algo tan necesario e sorprendente coma un banco de sons. Así, podemos escoitar desde un mencer en Barizo ata a serea da lonxa de Malpica...
O espazo PERCEBEIROS é, asemade, moi interesante: ofrecenos as caras e os nomes de cantos teñen relación comercial co percebe, así coma un mapa interactivo co que seguro, seguro aprenderemos moito sobre o tema.
Na miña opinión estamos ante un espazo necesario e longamente desexado para coñecer de cerca este traballo que, finalmente non é máis que iso: un traballo, un medio de vida, unha fonte de ingresos para numerosas familias, moitos deles pais e nais de escolares do noso colexio.
Mirando os videos ninguén poderá dicir que o percebe é caro. Non, oh!http://percebedemalpica.com/index.php

17/01/12

Aplicación para crear gráficas en liña


Estas dúas gráficas que estades vendo son as mesmas que fixéstes en clase e piblicáchedes nas entradas anteriores pero.... desta volta feitas cunha aplicación en liña.
Agora que xa sabemos facelas artesanalmente, podemos probar ¿Vale?
Trátase dunha aplicación moi utilizada nas escolas estadounidenses e permite facer varios tipos de gráficos. Tamén nos dá a opción á hora de descargala para o noso ordenador, de facelo en diferentes formatos (pdf., jpg...)
Está en inglés, claro, pero eso non é un problema ¿a que non?
PREME na imaxe e accedrás á aplicación.

A evolución dos prezos das vivendas de Malpica




Esta é a gráfica da evolución dos prezos de vivendas de Malpica no último semestre do 2.011.

Polo que indica a gráfica,en Xullo e Agosto foron mais altos ca nos outros meses probablemente por que houbo máis visitantes.
De Setembro a Decembro os prezos baixaron.
Os datos AQUÍ

Evolución das vendas de sardiña no porto de Malpìca (2000-2011)



Na década do 2000-2010 o ano de maiores capturas foi o 2002.

Aparece un descenso significativo no ano 2003, debido ó desastre ecolóxico do prestige.

A partir do 2004, tódolos anos van en descenso. Algunhas causas que explican eses datos son:

a) Descenso da flota:

- Subencionan os desguaces por parte da Unión Europea
- Subencións á pesca de cultivo
- Instauraronse as cotas de captura
- O mar non é atractivo para a xente nova

b) Desplazamento das vendas a outras lonxas nas que obteñen mellores prezos (A Coruña)
Os datos AQUÍ