19/1/12

Percebeiros

A Agrupación de Percebeiros da Confraría de Pescadores de Malpica, ven de pór en marcha este sitio web no que expoñen a súa actividade profesional.
Ten o contido dun sitio profesional no que eles e elas atopan doadamente información que lles resulta necesaria (por exemplo sobre as aperturas mensuais)
Paréceme destacable o espazo chamado OFICIO no que inclúen algo tan necesario e sorprendente coma un banco de sons. Así, podemos escoitar desde un mencer en Barizo ata a serea da lonxa de Malpica...
O espazo PERCEBEIROS é, asemade, moi interesante: ofrecenos as caras e os nomes de cantos teñen relación comercial co percebe, así coma un mapa interactivo co que seguro, seguro aprenderemos moito sobre o tema.
Na miña opinión estamos ante un espazo necesario e longamente desexado para coñecer de cerca este traballo que, finalmente non é máis que iso: un traballo, un medio de vida, unha fonte de ingresos para numerosas familias, moitos deles pais e nais de escolares do noso colexio.
Mirando os videos ninguén poderá dicir que o percebe é caro. Non, oh!http://percebedemalpica.com/index.php

No hay comentarios: