27/04/24

Biblioaxudantes de 5º na radio (Entrevista a Hugo e a Toni, director da ONE Surf Academy)

     Neste pasado venres 26 de abril, Hugo e Toni viñeron ao pavillón do noso centro a impartir a sesión introductoria dentro do programa ¨Aprende a través del surfing¨. Aproveitando esta visita, aceptaron a proposta de poñerse diante dos micros de Radio Balea e ser entrevistados por un grupo de alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria dentro da iniciativa ¨Biblioaxudantes de 5º na Radio¨. 

Os entrevistadores foron Damián, Ainoa, Pablo, Siro e Uxía Martínez, a coma técnica de son, Celia. Foi unha entrevista moi amena e didáctica, e que nos axudou a coñecer un pouquiño mellor a estes dous cracks que nos están guiando no descubrimento dun deporte tan apaixoante coma o surf, ademáis de coñecer os segredos do mar e o respeto e o coidado polo medio mariño.

O resultado é o seguinte, esperamos que o desfrutedes!!



   

22/03/24

6ºEP_Formación Biblio Creativa: E-textiles

O alumnado de 6º de primaria desenvolveu a formación de Biblio Creativa da man de Cati e Flor de Maker Store (Carballo).

Os e-textiles foron o contido protagonista: tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LEDs, sensores...

Nen@s desenvolvendo as súas habilidades creativas, artísticas e pensamento computacional, habilidades do século XXI.

Biblio Creativa

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha vez máis, Cati e Flor primaron o proceso sobre o produto final, un proceso altamente creativo e de autocoñecemento.

Un fin de trimestre entre fíos condutivos, LEDs e... creatividade!

08/03/24

5ºEP_Entrevista fantástica: Manuela A. Barreiro Pico

Co gallo do Día da Muller, presentamos a entrevista fantástica a unha Muller galega e pioneira en moitos feitos: Manuela Antonia Barreiro Pico, primeira Muller Licenciada en Farmacia.

A vindeira semana, celebraremos na nosa biblio a Semana da Muller 2024, e este será o produto final que presentaremos: investigación e comunicación en Radio Balea. Tamén vos deixamos o podcast:

Feliz Día da Muller, hoxe e... todos os días do ano!

6ºEP_Entrevista fantástica: Jane Goodall

Presentamos a entrevista fantástica a Jane Goodall que realizamos, en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", para presentar a vindeira semana na nosa biblio conmemorando a Semana da Muller 2024.

Feliz Día da Muller 2024!





05/03/24

BADMINTON (TERCEIRO CICLO)

O alumnado do terceiro ciclo que de forma voluntaria quixo participar no campionato de Badminton celebrado o martes 5 de marzo en Serra de Outes viviu unha nova e enriquecedora experiencia a través do deporte.
Unha longa viaxe tivemos ata chegar ao pavillón de Serra de Outes, pero o esforzo mereceu a pena. Alí, xunto con varios centros do Barbanza, xogamos unha serie de partidos diante dunhas gradas cheas de público. 
A xornada foi fantástica e cando os membros da organización chamaban aos nosos e nosas valentes para xogar o partido, unha ovación dos seus compañeiros e compañeiras os acompañaban.
Houbo nervios, tensión, deportividade, compañerismo, moito ánimo e tamén victorias e derrotas. 
7 nenos e nenas entre os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria acadaron a clasificación para a fase final intercomarcal que se xogará o 30 de abril de novo en Serra de Outes.
Por se isto non fora pouco, ademáis, viviron en primeira persoa o arbitraxe, xa que eran dous nenos/as neutrais os encargados de arbitrar os partidos.

Parabéns rapazada!!!!!




ACCESO A GALERÍA DE IMAXES CLICANDO NA SEGUINTE:

02/03/24

POP ART (Alumnado de 6º de Educación Primaria)

 O alumnado de 6º de Educación Primaria estivo a traballar con Uxía a súa titora,o arte POP con distintos artistas na área de Educación Plástica e visual.

Compartimos as súas obras



07/02/24

ENTREVISTA A SUSO DO BECHO (¨ Xogo das vacas¨) - Barizo e Mens -

 Este martes 6 de febreiro recibimos en Radio Balea a visita de Suso, neto de Jesús do Becho, gran dinamizador e participador activo do ¨Xogo das Vacas¨ cando antigamente aínda se facían estas recreacións e paradoias en Mens ou Barizo como forma de festexar o entroido.

Suso é membro da comunidade educativa do centro, xa que é o pai dunha alumna de 1º de Educación Primaria.

A entrevista permitiunos coñecer mellor en qué consistía o ¨ Xogo das vacas¨ e como a retranca, as chanzas e os dobres sentidos eran fundamentais, pois esas escenas eran produto da improvisación, da picardía, da rapidez de resposta e da axilidade mental dos participantes.

Un dos papeis protagonistas era ¨A Chamadora¨ que era o que protagonizaba Jesús do Becho, avó de Suso nos tempos nos que aínda se facían estas representacións. Outros  personaxes que tamén interviñan eran as vacas, o arador, o sementador, o veterinario ou o comprador das vacas.

Moitas grazas pola túa colaboración Suso, e por achegarnos as túas lembranzas!!!

Para acceder a galería de imaxes, clicar na seguinte:



             Con esta entrevista finalizamos esta rolda de visitas a Radio Balea co gallo do Día Mundial da Radio, e que mellor maneira de cerralo que compartindo  unha imaxe de Jesús do Becho, ca cara maquillada de azafrán, caracterizado para a ocasión e camiñando diante das vacas  en plena ¨faena¨ nunha escena deste singular, orixinal e festivo Xogo das vacas.

06/02/24

ENTREVISTA A ROBERTO PARDO (Colaborador na organización do Faustino) - Entroido malpicán -

 Continuamos dentro dos preparativos para a conmemoración do día mundial da Radio convidando a distintos persoeiros que participan de maneira activa na dinamización do entroido malpicán. 

A primeira entrevista foi a Charo, colaboradora da AC Raigañas na organización do entroido en Cerqueda (madamitos e ghuardineros), e desta vez entrevistamos a Roberto Pardo, organizador e colaborador do enterro do Faustino.

Roberto explicounos con detalle en qué consiste o enterro do Faustino e como participa activamente na dinamización do entroido no pobo, enviando unha interesante reflexión final.

Compartimos a entrevista realizada por Lola, Mara, Fran e Pablo de 5º de Educación Primaria:

Clicando na primeira imaxe, accederás a galería de imaxes da entrevista:




04/02/24

EMOCIONARTE CON 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria traballaron as emocións a través da área de Educación Plástica e Visual da man da súa titora Uxía. 

A tarefa consistitu en facer retratos posando con distintas emocións (tristeza, ledicia, medo..) que despois decoraron, conformando un fermoso mural que adorna o noso corredor da segunda pranta.

 compartimos o resultado final:




ENTREVISTA CHARO (AC RAIGAÑAS) SOBRE O ENTROIDO EN CERQUEDA

    O pasado venres 2 de febreiro Radio Balea recibiu a visita de Charo, integrante da Asociación Cultural Raigañas e pertenecente a comunidade educativa do centro.

    Charo tivo a cortesía de responder aos periodistas de Radio Balea, neste caso, un grupo de 5 nenos e nenas de 5º de Educación Primaria (Andrea como técnica, Celia, Uxía M, Marco G. e  Damián coma locutores).

    O motivo da súa visita foi o de achegarnos e ensinarnos como é o entroido en Cerqueda. Charlamos sobre os Madamitos e os Ghuardineros e todo o que rodea a estes míticos persoaxes do entroido malpicán. 

Esta entrevista forma parte dos preparativos para conmemorar o día Mundial da Radio, o vindeiro 13 de febreiro, coincidente co martes do entroido, de ahí a temática destes podcasts.

Agradecemos a Charo a súa colaboración e cercanía. Grazas Charo!!

Pronto haberá máis novidades dentro destes preparativos...estade ben atentos e atentas!

O resultado é o seguinte podcast:


Acceso á galería de fotos pinchando na seguinte imaxe:


02/02/24

CHARLA E ENTREVISTA CON ALBERTO ORDÓÑEZ

Este xoves 1 de febreiro, tivemos a sorte de recibir a visita de Alberto Ordóñez, periodista profesional, no noso centro. 
Alberto forma parte da comunidade educativa do Milladoiro e tivo a xentileza de dar unha charla sobre o periodismo ao alumnado do terceiro ciclo. 
Foi unha exposición moi amena e interactiva onde os nenos e nenas escoitaron con atención e participaron plantexando dúbidas e preguntas. 
Despois desta charla, visitou o noso estudo de Radio Balea e contestou amablemente as preguntas da entrevista que prepararon as alumnas e alumnos de 6º de Primaria co motivo dos preparativos para o día mundial da Radio (13 de febreiro)

Compartimos ábum de fotos (facendo click sobre a primeira) e o resultado da interesante entrevista.




Moitas grazas Alberto!!