22/02/22

6ºEP_Kandinsky

INVADIDOS  PO KANDINSKY

Nas últimas semanas, o alumnado de sexto adentrouse no mundo de Kandinsky, facendo dende pousa vasos, ata inspirarse nas súas musas para recrear un dos cadros máis famosos do artista.








 

14/02/22

5ºEP_Obradoiro Radio na Biblio

Obradoiro Radio na Biblio

O mércores 9 de febreiro o alumnado de 4º de Primaria e 5º de Primaria, no presente curso Biblioaxudantes de Radio na Biblio, desenvolveron un obradoiro de Radio da man dos profesionais da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas!

Premendo na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Coa profesionalidade de Xerardo Feijoo aprenderon a edición dun podcast no programa Audacity e con Damián Alonso a comunicación: volume, entoación, dicción... Pecharon o obradoiro tod@s no patio cunha posta en práctica da Radio en directo.

Un luxo de formación para seguir medrando con Radio Balea... a nosa Radio!

11/02/22

O caderno de bitácora de 5º - DÍA MUNDIAL DA RADIO

As nenas e nenos de 5º de Primaria quixemos conmemorar o Día mundial da radio. 👇

Aproveitamos o evento para participar no programa Ponte nas ondas e conversar cunha desas mulleres que engrandeceron o patrimonio inmaterial do noso país. Grazas a tantas coma ela, Galicia ten hoxe unha lingua e unha cultura de seu.


Sen memoria, perdemos a identidade...

04/02/22

O caderno de bitacóra de 5º - OS BARCOS DA LIBERDADE

Mantendo a idea de afondar no patrimonio e na cultura malpicán, e co gallo da conmemoración do Día da non violencia e a paz, o 30 de xaneiro deste 2022; as alumnas e alumnos de 5º de Primaria, inmersos no estudo da historia das embarcacións na Costa da Morte, interesámonos, desta volta, por 3 motoras que salvaron a vida de case unha vintena de veciñas e veciños da comarca en tempos da Guerra Civil española.


A todas esas persoas que deron a súa vida pola defensa da paz e da liberdade...

01/02/22

O caderno de bitácora de 5º - 2

O prometido é deuda... 😉


O segundo número do noso particular caderno de bitácora vai dedicado ao mundo da arte e da expresión. Neste caso, queremos compartir con todas e todos vós algunhas das actividades plásticas que realizamos durnate o 1º tramo do curso.



  
       


"A arte dános a capacidade de ver" (Paul Klee)