28/02/10

Noraboa



Por fin, rematamos a publicación dos materiais da webquest sobre os romanos.

Felicitovos a todos e todas polo traballo desenvolvido e por todo canto tendes aprendido nestes días.

Estou segura de que lembraredes este traballo durante moito, moito tempo. E eu tamén.

Vouvos deixar este enlace que veño de atopar por se nesta tarde de domingo ventoso, alguén quere seguir a ler algo máis.

WQ Romanos: Menú


MENÚ:
Gustatio:ovos de perdiz frixidos, aceitunas, setas, leituga, allos, ostras e peixes en salmoira.

Para beber mulsum(viño con mel)

Comissatio: tetiñas de leitón recheas de pétalos de rosas, galias de Guinea asadas, cervo asado, atún asado e outros peixes.

Para beber: viño.

Secundo mesae: pastel de dátil recheo de mazá, mel e viño; froitos secos torrados, albaricoques secos, queixo e cestas de froitas

Os Gustatio solían ser alimentos condimentados con pementa e aceite. A xente humilde comía pan de cebada sin fermento pero o dos ricos era pantrigo. O porco era a carne de consumo máis común.
A salsa de peixe (GARUM) era esencial nos banquetes romanos. Tiña un sabor moi forte que diximulaba os posibles sabores de alimentos en non moi bo estado de conservación (non tiñan nevera)

Coidaráse de que tódalas fontes cheguen ás mesas moi adornadas, coma esculturas. Iso é tan importante coma o que levan para comer.

18/02/10

WQ.- Informe sobre a vestimenta axeitada




Informe sobre a vestimenta axeitada de homes e mulleres para acudir á Cea da Torre. Feito por: Jessi, Guiomara, Eva e Irene.








Vestido masculino:
Os homes deberan poñer:unha capa que chega ata os pes chamada toga,é de lá.

Pode ser de calquera cor excepto o púrpura que se reserva ós seres da realeza. A toga é
aberta por diante e suxeita cuns broches .

O que máis se utilizaba era as sandalias atadas cunhas correas rixidas poden ser de cor vermella e negras.

Vestido feminino :
Recoméndase levar vestidos de seda porque era o material máis caro pero non só eso tamén as peis de animais porque na época imperial convertíronse en obxectos de luxo.

Poden ser de todas as cores excepto a cor púrpura.
Nas cadeiras levan unha corda para facer de cinto.

Xoias:
As romanas eran moi presumidas por iso levaban :
Pulseiras anchas ,diademas , o morlile que é un colar alto que sobe polo pescozo , aneis e longas agullas para o pelo

16/02/10

Este foi o noso Entroido ROMANO



Algunhas imaxes do que foi para nós a preparación deste Entroido.
Os traxes viñeron feitos da casa, por eso nós centrámonos en saber moitas cousas de Roma: da república, do imperio...
¡Pasámolo xenial!
Foi o noso último entroido no Milladoiro

11/02/10

WQ.- Decoración e Ambientación



  • Mobiliario. vaixela e outros:
    Lectus triclinaris (1 para cada 3 convidados) de cor vermello
    Mesas (1 para cada grupo de lectus)
    Pratos de metal
    Coitelos de ferro
    Culleres grandes (ligula) e pequenas (cochlear)
    Area de fricción (para lavar os cubertos)
    1 grupo de bailaríns
    1 grupo de músicos


Os convidados deben saber:
-Mentres se come haberá danzas musicais e cantos que os farán profesionais.
-Os convidados teñen que levar sombreiros ou coroas de flores perfumadas.
-Ó redor da mesa haberá lectus triclinaris, que é onde se deitan para comer pero só en tres lados da mesa.
-Antes de cear hai que lavar os pés e as mans.
-Tendo en conta que se trata dunha cea de gala, poñeránse ó servizo dos convidados/as culleres e coitelos de ferro, anque a maior parte da comida comerána coas mans.
-Os convidados usarán coitelos e culleres de bronce(1 grande ligula e 1 pequena (cochlear ) e comerán coas mans. Sábese se unha persoa é educada cando come coas puntas dos dedos ou coa man toda.
-Cada convidado deberá levar o seu propio criado para que lle facilite lavar as mans mentres se come.
-Os pratos serán de metal, bronce ou peltre.
-Para lavar os pratos non se usará xabrón : só auga. Con ela os convidados enxaugarán a boca e, botándoa fora, limparán o prato. Para os utensilios usaráse aréa de fricción e despois lavaránse con auga.



Aseo dos homes: os homes terán que ir cortar o pelo (coma o de César) e afeitarse sen usar cremas, só con auga.





Aseo das mulleres:O primeiro que terá que arranxar unha muller é o pelo, cunha raia no centro e un simple moño.(o peiteado segundo o da emperatriz).
Despois de peitearse teñen que maquillarse e non as poden ver os homes como se maquillan, colocarán cor branca para a fronte e os brazos, vermello para os pómulos e os beizos e negro para as pestanas, cellas e o contorno dos ollos.





Cecilia,Andrea,Julián, Rosana, Christian e Fani.

06/02/10

De que serve celebrar o día da PAZ nos colexios?

Serve para mellorar a perspectiva da vida;e reacionar ben despois de facer algo mal, para non agrandar o problema.Tamén serve para que haxa menos conflictos nos recreos,se lle fas dano a alguén sin querer, pedirlle perdón de corazón, preguntarlle se está ben, si lle fixen dano e se me perdoa.Eu creo que a PAZ e o máis bonito do mundo.
Tamén nos ensina a respetar as diferenzas:de idade, de país e de raza. A min, foi mellorándome de curso en curso o significado da PAZ.

02/02/10

Concurso da ONCE



Mirade este video que pode ser útil para completar a información que xa temos sobre o Concurso da ONCE no que andamos.
Xa sei que as portadas están case acabadas pero...

Cea na Torre


Preme sobre a imaxe e poderás comezar a aventura!!!