25/11/09

Dereitos dos nenos, Dereitos Humanos. Dereitos de todos e todas

Velaí esta presentación que preparou Loly Lago. Mirade con atención e teredes moita, moita información sobre cousas que suceden hoxe, onte, cada día...¿sempre?



Ademáis, podedes consultar:
A visión de Mafalda
UNICEF
Declaración da UNESCO
Video Mafalda
Ademáis, o noso libro que se completará cos debuxos que estades a facer:
| View Sample Photo Books | Create your own Photo Book


Para velo desplegado, xa sabes: PREME AQUÍ
E, se non chega o material, xa sabedes...¡a buscar!

Webquest do Ceip Andrade de Ferrol

21/11/09

Viaxe á Ribeira Sacra


Alá fomos. Saímos ás 8:15 da mañá para comezar un día longo e precioso.
Como o tempo non acompañou moito, houbo un cambio de plan e, en lugar de facer unha camiñata olo monte, visitamos os mosteiros de San Pedro de Rocas e Santo Estebo de Ribas de Sil. Logo fomos comer ó polideportivo de Luintra (que aínda non está acabado de facer) e alí recibimos a visita de Santi, un afiador que nos explicou cousas do oficio: que é un naceiro, un mutilo... e aprendeunos frases en Barallete (a xiria que usaban os afiadores para comunicarse entre eles):
Bata, caranto caxirte un mordato
Mamá, quero darche un bico
A orenta é un talaxío taril, non talaxedes a orenta.
A auga é un ben preciosos, non malgastedes a auga.
Se apeñades dos morenos, os morenos apeñarán de vós.
Se coidades das árbores, as árbores coidarán de vós.
Logo fomos ó catamarán e percorremos un tramo do río Sil. Vimos as cepas do viño que parecía imposible que alguén chegase ata elas.
E logo... a volta. Chegamos a Malpica ás 21:15. Tal e como quedaramos coas nosas familias.
Cansos pero moi, moi contentos.
A información e os enlaces ó que se pode ver na Ribeira Sacra, xa volos puxemos nas entradas anteriores (as dos textos da webquest) así que, non repetimos.

19/11/09

Ribeira Sacra



Ribeira Sacra:
A Ribeira Sacra está formada por vintedous concellos:A Pobra do Brollón · Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · A Peroxa · A Teixeira · Pantón · Parada de Sil · Paradela · Pereiro de Aguiar · Portomarín · Quiroga · Saviñao · Sober · Taboada
Chámase así pola gran cantidade de mosteiros que existen na zona.
Chégase: indo ata lugo pola A-6 e desviarse en dirección Ourense pola Lu-903.
Na Ribeira Sacra vívese do cultivo de uvas para obter viño. E de facer o viño.
Monumentos que visitar:un dos dezaoito mosteiros que hai, por exemplo o de Santa Cristina, os Cañóns do Sil e as viñas que se poden contemplar se sigues o curso do río.

Ribeira sacra



O nome de Ribeira Sacra probablemente vén da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na gran cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca.
Chégase pola A-6 .Dende Malpica á Coruña , en Coruña cóllese a A-6 ata Lugo e alí LU-903 e despois a OU-903 cando vexas o rio segues o seu curso.
Alí principalmente vívese do plantar vides e facer viño: a D.O. Ribeira Sacra.
Os monumentos son: mosteiro de Pedro Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo , Xunqueira de Espadañedo, Santo Estebo de Ribas de Sil... e así ata máis de 18.
.
Tanto eu coma Jessica temos moitas ganas de ir á Ribeira Sacra e con este traballo aprendimos algo mais .

A Ribeira Sacra.


COMO CHEGAR DENDE MALPICA ATA VILARIÑO

Ir dende Malpica ata Arteixo, alí coller o desvío para Madrid/A-6/Lugo, logo coller a estrada LU-903 ata a OU-903.
A continuación dirixirse ata OU-0604 e xa estaremos.

CONCELLOS DA RIBEIRA SACRA

Os concellos da Ribeira Sacra son: A Peroxa, A Proba do Brollón, A Teixeira, Baños de Molgas, Castro Caldelas, Chandreixa de Queixa, Chantada, Esgos, Maceda, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Sabiñao, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Pereiro de Aguiar, Portomarín, Quiroga, Saviñao, Sober e Taboada.

MONUMENTOS

Vale a pena visitar algúns dos 18 mosteiros, por exemplo: O de Santo Estebo, o de Santa Cristina de Ribas de Sil ou o de Santa María de Montederramo. Ou algún castelo coma o de Peroxa ou o de Castro Caldelas.

¿POR QUÉ SE CHAMA ASÍ?

Chámase así pola cantidade de mosteiros e templos que ten na ribeira do río Sil.


ALÍ VIVEN DE…

Viven de elaborar viño, xa que alí é a terra del. Teñen unha denominación de orixe: Ribeira Sacra.