21/11/09

Viaxe á Ribeira Sacra


Alá fomos. Saímos ás 8:15 da mañá para comezar un día longo e precioso.
Como o tempo non acompañou moito, houbo un cambio de plan e, en lugar de facer unha camiñata olo monte, visitamos os mosteiros de San Pedro de Rocas e Santo Estebo de Ribas de Sil. Logo fomos comer ó polideportivo de Luintra (que aínda non está acabado de facer) e alí recibimos a visita de Santi, un afiador que nos explicou cousas do oficio: que é un naceiro, un mutilo... e aprendeunos frases en Barallete (a xiria que usaban os afiadores para comunicarse entre eles):
Bata, caranto caxirte un mordato
Mamá, quero darche un bico
A orenta é un talaxío taril, non talaxedes a orenta.
A auga é un ben preciosos, non malgastedes a auga.
Se apeñades dos morenos, os morenos apeñarán de vós.
Se coidades das árbores, as árbores coidarán de vós.
Logo fomos ó catamarán e percorremos un tramo do río Sil. Vimos as cepas do viño que parecía imposible que alguén chegase ata elas.
E logo... a volta. Chegamos a Malpica ás 21:15. Tal e como quedaramos coas nosas familias.
Cansos pero moi, moi contentos.
A información e os enlaces ó que se pode ver na Ribeira Sacra, xa volos puxemos nas entradas anteriores (as dos textos da webquest) así que, non repetimos.

4 comentarios:

Mari dijo...

Unha viaxe encantadora! É unha mágoa que a provincia ourensá sexa a máis esquecida das provincias galegas porque ten recunchos realmente cativadores.

olga dijo...

Tiñas que ver as caras sorprendidas ó ver o verdadeiro bosque do clima atlántico (ese que describe o libro de CM!) e que non coñecían orque nos seus bosques... só hai pinos e eucaliptos.

irene dijo...

gustaronme moito as fotos e espero que poidamos facer mais viaxes coma esa , porque me gustou moito e adsemais aprendimos moito sobre a natureza dalí.

Leo dijo...

Alégrome moito, Irene, de que o pasaras tan ben. Ti eres desas persoas que vaias onde vaias sempre aprenderás cousas. Eres: curiosa.
Un bico