18/09/09

Comeza o curso


Vexo que onte Leo xa andivo ós contos. Paréceme ben, a verdá é que eu rin a cachón coa frase de Fani.

Deixámos, para os amigos e amigas de fóra, unha foto de como estamos este curso. Comparade esta foto coa do inicio do curso pasado. ¿A que medraron moito estes nenos e nenas?

Xa case están listos para marchar ó Instituto. Só falta percorrer o camiño deste curso que esperamos que nos faga (ademáis de máis altos/as e guapos/as) máis sabios/as e máis cultos/as.

Eu, persoalmente, quero que fagamos unha excelente travesía.

17/09/09

A Histoira Antiga, mola!!!

Acaba de dicilo Fani. Oínllo cando saían da aula dos ordenadores e ía falando con Olga e con Rosana.
Fíxome gracia o comentario porque recoñeceredes que non é moi normal oirlle dicir esto a alguén que está en 6º.
O conto debeu vir porque hoxe na clase falouse do Imperio Romano a da chegada do Latín... e andiveron rodando entre as mans libros que falan do tema.
Logo veu a clase de Coñecemento e seguiron a investigación sobre Astrónomos ilustres que están a preparar para a exposición oral do luns. Ela está recollendo información sobre Copérnico, seguindo a actividade que teñen enlazada neste blog e que fixeron os do Ceip. Condesa de Fenosa
Estáno pasando estupendamente. Tanto, que Fani saeu dicindo eso de:

A Historia Antiga, mola!!!

Eu penso que, o que lle mola a Fani (ademáis da Hª Antiga, claro) é notar que o que aprende lle é útil e lle interesa. E facelo buscando a información ela mesma.

P.D.- O curso xa comezou hai uns días, como sabedes. Olga vailles facer unha foto de presentación do curso para pór aquí, pero ata hoxe non puido ser porque Andrea andaba de viaxe.