D.O.

Boas 

Adxuntamos un documento para que poidades practicar xogos de mindfulness na casa cos vosos nenos/as. 




Sabemos que estades atravesando situacións extraordinarias e difíciles nestas semanas de confinamento, o que supoñen para todos nós (alumnado, familias e profesorado) un esforzo enorme de aprendizaxe e tamén de adaptación.
Sabemos que os nosos nenos e nenas son unha fonte de enerxía renovable, que non se esgotan, e que a súa capacidade de rexeneración é infinita… mais por mor da situación que estamos a vivir ás veces poden experimentar emocións negativas tales como a frustración, ansiedade, incerteza, pena por non poder ver ós seus compañeiros/as, xenreira, enfado,…
Por iso desde o Departamento de Orientación queremos ofrecervos un enderezo electrónico para poñernos á vosa disposición cando se vos presenten dificultades, ou tamén para que nos contedes todo o bo que estades aprendendo desta situación.
Animádesvos?
Podedes enviarnos os vosos debuxos sobre o que sentides, unha redacción de como vos atopades durante o confinamento, unha foto coas actividades que facedes, un vídeo explicativo,… o que vos queirades e consideredes mellor!
O enderezo electrónico que se empregará para tal fin é o seguinte: alumnadomilladoiro@gmail.com
Por suposto, tamén estamos á disposición de todas as nais e país para tentar resolver todas as dúbidas que se lles presenten así como axudalos e asesoralos da mellor maneira posible.
Sabemos que sempre é necesaria a colaboración entre a familia e a escola, sendo nestes momentos imprescindible tender canles de unión tendo ámbalas dúas vertentes un destino común: o benestar psicolóxico e emocional do noso alumnado.
E tendo sempre presente que todos unidos, o coronavirus será vencido!

Atentamente,
Jonathan Guardado Gesto, mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica
Vanessa M. Montes Garrido, mestra especialista en Audición e Linguaxe
Sheila Rodríguez Trigo, orientadora
Ana Seoane Cives, mestra especialista de Pedagoxía Terapéutica


1 comentario:

denise.kramer.granados dixo...

Muchas gracias por todo lo enviado,lo vamos viendo poco apoco!Me parece muy interesante.
Saludos.Silvia Granados.