27/10/14

Sonigrama

Historia sonora para pórlle palabras.
  1. Escoita, imaxina, escribe.
  2. Corrixe, corrixe, corrixe
Son recollido da páxina da TVG: Diario Cultural

19/10/14

Taller de lendas

 O martes pasado recibimos a Xosé Manuel Varela quen, da man do Concello de Malpica, veunos visitar para axudarnos a lembrar as que xa coñecemos e darlles o valor que teñen como elemento importantísimo do Patrimonio inmaterial.
Resultou unha actividade interesante e divertida na que nenos e nenas puxeron sobre a mesa o seu amplo coñecemento do tema deixando claro que os transmisores son os avós.

Sempre é interesante abrir as portas da escola a persoas que nos axudan no noso labor educativo. E moito millor se son malpicáns!

Aniverario de Rubén


























Ides facéndovos maiores! Desta volta tocounos celebrar o aniversario de Rubén e súa nai mandounos esa tarta tan marabillosa da que non quedou nadiiiiiiiña!!!!
Parabéns, Rubén!

Exposición oral: O Sistema Solar

A presentación colectiva do Sistema Solar xa a publicamos hai días. Hoxe deixámosvos unha imaxe dunha das exposicións orais que fixeron os nenos e nenas.
Non hai moitas imaxes pois eses días tiñamos a cámara enfermiña.

Aproveitamos para pedir disculpas polo tarde que estamos publicando as novas este curso. Tan tarde que, cando o facemos xa máis que novas son vellas.
Pero... estamos seguros de que, aínda tarde, gústavos ver as imaxes.

16/10/14

Publicidade: Cabo San Hadrián




Emisor: Concello de Malpica.
Receptor: Os que lle guste a natureza.
Mensaxe: Que veñan a San Hadrián que é moi bonito.

Código: Escrito e icónico.
Escrito: Eslogan: Polo verán ven a San Hadrián.
              Lingua Galega 
Icónico: a capela do Santo e as vistas desde o Cabo 

Publicidade: Malpica de Bergantiños





 Emisor: É o Concello de Malpica de Bergantiños.
Receptor: Para a xente que lle gusta a natureza e a praia.
Mensaxe: Ven a Malpica, porque están as fantásticas Illas Sisargas e tamén está a estupenda praia.
Código: Escrito (Galego)

                Eslogan: A vila da vida, na Costa da Morte.
                Icónico: imaxes que mostran as Illas Sisargas e a praia Maior.
Luis e Christian 6º 14/15

Publicidade: Illas Sisargas


     
                                                                      

O emisor: Xunta de Galicia
Receptor: persoas que lle gusta a natureza
Mensaxe: vinde ás Illas Sisargas porque están  abarrotadas de natureza, teñen aves protexidas, pasan barcos cargeiros, xates...
Codigo:
  Lingua escrita: idioma L.G.
  Slogan:MIRA!!!
Imaxes: Illas Sisargas
Cores: 
  Azul:Auga
  Marron:Terra
  Verde:Natureza
  Amarelo:Luz, claridade 


Carla Villar e Eloy Santos

14/10/14

Publicidade: C.E.I.P. Milladoiro




 
Emisor: C.E.I.P. Milladoiro.
Receptor: Todos as familias que teñen nenos pequenos.
Mensaxe: Envía aos teus fillos a estudar ao C.E.I.P. Molladoiro porque é un colexio de moi boa calidade. 
Código escrito: texto, slogan e o título.
Código icónico: Como é o colexio. Slogan: Para presumir de colexio C.E.I.P. Milladoiro.

Clara e Jorge.

Publicidade: A Lonxa de Malpica





O emisor: Confraría de pescadores de Malpica.
O receptor: Consumidores de peixe.
A mensaxe: Se queres peixe fresco de calidade e saúdable, ven a Malpica!!
 O Código:
Textual: Linguaxe L.G.
Imaxe: Na imaxe vese que o lonxeiro está vendendo á forma tradicional. 
O slogan: A saúde do mar. 

                        Natalia e Rubén. 14/15                                                                                                          

13/10/14

Publicidade: Nordestazo Rock


Emisor: É una empresa privada.
 Receptor:Todas as persoas ás que lles guste a festa e o rock.
Mensaxe: Vide que o ides a pasar moi ben e ides escoitar o mellor rock.
Codigo: Por imaxes é escrito en galego.
     Ca imaxe da esquerda intentamos transmitir que a festa é pola noite e que se xunta moita xente é na dá dereita o logo desta festa.
     Co texto: Estas avisado, ven a MALPICA

Pedro Mosqueira e Cristian Fernández

Publicidade: A Ruta dos Viños Malpica



Receptor: Os adultos que lles guste ir de viños.
Emisor: Un grupo de empresas (7 bares).
Mensaxe: Vente a ruta dos viños, os viños mais deliciosos acompañados dunha esquisita tapa.
Slogan: Ven a ruta dos viños os viños mais riquiños.
Código:Escrito(galego) e icónico.
Icónico: Un viño con unha deliciosa tapa. Arriba o grupo de empresas
Texto: Os mellores viños acompañados dunha deliciosa tapa.
Recorda, non o hai en todos os sitios, senón en Malpica.
ESPERÁMOSTEEEEEEE!!!
Carla Varela e Yaiza 6º 14/15

Publicidade: Punta Nariga




O emisor é o concello de malpica.
Receptor: Vai dirixido a xuventude de entre 18 e 24 anos.
Na mensaxe quixemos dicir que veñan disfrutar da paisaxe e a ligar porque é un sitio moi discreto e natural.
O slogan: Ven a NARIGA alí si que se liga.
Código:
Escrito: lingua galega

Imaxes: dicimos como é o faro, para que quede claro e fresco, natural, verde, bonito…
Cores: usamos o verde para o fondo porque significa natureza e esperanza.

Yaissa e Raúl

Publicidade: Praia de Malpica




Emisor: Concello de Malpica
Receptor: Amantes da Praia
Mensaxe: Ven á praia de Malpica. Podes tomar unha tapa, unha cervexa, comer, cear… poderás ver as illas Sisargas, o Cabo de San Hadrián e a súa capela. Tamén hai duchas e socorrismo.
Código Escrito: O Slogan
Código icónico: A Praia, o mar o que se ve e todos os servizos que ofrece
Slogan: Ven!
                                                                                                                       Aida e Andrea 14-15

10/10/14

Dombate


visita Borneiro 14 15 from bemilladoiro on Vimeo.

Onte fumos a Dombate. A idea era ir tamén á Cidá de Borneiro pero... chovía! Con Lito, o guía aprendemos moitas cousas.