19/10/14

Taller de lendas

 O martes pasado recibimos a Xosé Manuel Varela quen, da man do Concello de Malpica, veunos visitar para axudarnos a lembrar as que xa coñecemos e darlles o valor que teñen como elemento importantísimo do Patrimonio inmaterial.
Resultou unha actividade interesante e divertida na que nenos e nenas puxeron sobre a mesa o seu amplo coñecemento do tema deixando claro que os transmisores son os avós.

Sempre é interesante abrir as portas da escola a persoas que nos axudan no noso labor educativo. E moito millor se son malpicáns!

No hay comentarios: