Amosando publicacións coa etiqueta redeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta redeiras. Amosar todas as publicacións

16/03/12

Atadoras de Malpica (4)

No ano 2.004 asociáronse  e conseguiron ter todos os dereitos dun traballador. Agora poden cotizar na Seguridade Social, tamén se poden xubilar e poñer no carne de identidade:

Profesión: REDEIRA.

15/03/12

Martin e Santi Atadoras-3


Ata o ano 2004 as atadoras non estaban recoñecidas como un oficio pero no ano 2004 foron recoñecidas como profesionais.
Unha das desventaxas diso era que cando ían facer o carnet de identidade non lle podían poñer que eran atadoras entón tiñanlle que poñer que eran amas de casa.
Pero despois de asociarse conseguiron, ademáis,  ter un espazo cuberto no que traballar, que é a nave das redeiras.

Andrea e Eva atadoras (2)


O traballo de ser atadora consiste en fabricar redes e arranxalas xa que cando os peixes se enrredan nelas, ás veces rómpenas.
Hai varios tipos de redes como por exemplo a de arrastre ou a de cerco... Cada unha delas serve para pescar peixes diferentes.

ATADORA 1



Durante estos 15 días estivemos aprendendo o traballo das redeiras, coñecidas en Malpica como atadoras.

Eleximos este tema porque fai uns días foi o Día da muller traballadora.
Había algunhas cousas que xa sabíamos como por exemplo cando antigamente traballaban ao aire libre pero agora dispoñen dun espazo cuberto para atar como è o caso da nave. En cambio
as cousas que non sabíamos ensináronnolas elas nunha exposión no Centro Cívico e nas entrevistas que lles fixemos.
Este oficio consiste en arranxar as redes que xa veñen rotas do mar ou facelas novas.

DE PROFESIÓN : ATADORA 7



 
Hoxe chamanás de toda Europa para facer e/ou arranxar redes de todas clases porque:
están asociadas
  • o seu traballo é artesanal
  • son moi profesionais. 
En  custión de redeiras... somos unha potencia !!!

Atadoras 5 e Playlist COMPLETA


UXIA:
O traballo de redeira en Galicia é fundamentalmente feminino. Antigamente as atadoras tiñan que atar e ó mismo tempo vixiar os seus fillos debido a que o seu traballo estaba denominado como traballo domestico.
DIEGO:
Ser atadora é un traballo complicado polo que a xente nova non o quere aprender. En Malpica a atadora máis xoven ten 42 anos.
UXIA:
Elas queixanse de que non teñen relevo xeracional, polo que pode desaparecer e non habería quen atase as redes.



O podcast COMPLETO con todas as entrevistas:

DE PROFESION :ATADORAS Zaira e Nuria 6

O mundo avanzou e cambiaron
os tipos de materiais das redes porque antes eran de algodón e eran mais pesadas pero agora son de nailon e son máis lixeiras.
Tamén cambiou o material das agullas porque antes eran de madeira e agora son de plástico. As redeiras tamén usan roupa de augas que está feita por un material impermeable e sérvelles para protexerse da auga , do frío e das redes molladas que lles traen os mariñeiros.