11/2/10

WQ.- Decoración e Ambientación



  • Mobiliario. vaixela e outros:
    Lectus triclinaris (1 para cada 3 convidados) de cor vermello
    Mesas (1 para cada grupo de lectus)
    Pratos de metal
    Coitelos de ferro
    Culleres grandes (ligula) e pequenas (cochlear)
    Area de fricción (para lavar os cubertos)
    1 grupo de bailaríns
    1 grupo de músicos


Os convidados deben saber:
-Mentres se come haberá danzas musicais e cantos que os farán profesionais.
-Os convidados teñen que levar sombreiros ou coroas de flores perfumadas.
-Ó redor da mesa haberá lectus triclinaris, que é onde se deitan para comer pero só en tres lados da mesa.
-Antes de cear hai que lavar os pés e as mans.
-Tendo en conta que se trata dunha cea de gala, poñeránse ó servizo dos convidados/as culleres e coitelos de ferro, anque a maior parte da comida comerána coas mans.
-Os convidados usarán coitelos e culleres de bronce(1 grande ligula e 1 pequena (cochlear ) e comerán coas mans. Sábese se unha persoa é educada cando come coas puntas dos dedos ou coa man toda.
-Cada convidado deberá levar o seu propio criado para que lle facilite lavar as mans mentres se come.
-Os pratos serán de metal, bronce ou peltre.
-Para lavar os pratos non se usará xabrón : só auga. Con ela os convidados enxaugarán a boca e, botándoa fora, limparán o prato. Para os utensilios usaráse aréa de fricción e despois lavaránse con auga.



Aseo dos homes: os homes terán que ir cortar o pelo (coma o de César) e afeitarse sen usar cremas, só con auga.





Aseo das mulleres:O primeiro que terá que arranxar unha muller é o pelo, cunha raia no centro e un simple moño.(o peiteado segundo o da emperatriz).
Despois de peitearse teñen que maquillarse e non as poden ver os homes como se maquillan, colocarán cor branca para a fronte e os brazos, vermello para os pómulos e os beizos e negro para as pestanas, cellas e o contorno dos ollos.





Cecilia,Andrea,Julián, Rosana, Christian e Fani.

8 comentarios:

hecuba dijo...

Grazas pola vosa sabrosa información.
Hecuba, profesora de latín.
Tédesme en http://hecuba-priamo.blogspot.com

Leo dijo...

Ola, Hecuba. Grazas polo teu comentario. Vimos de ver o teu blog pero...¡non che podemos deixar as GRAZAS nel porque non topamos onde deixar comentarios.
Volve cando queiras para ver o resto. Aínda falta o menú da cea e o vestiario dos convidados.
saúdos

andrea dijo...

Grazas polos vosos comentarios:para Leo e hecuba,e gustáronnos moito,custounos traballo pero valeu a pena.De Ceci,Andrea,Fani,Rosana,Christian e Julián.

irene dijo...

Hai moita información e moi variada con esto xa saben o que que ren saber sobre o mobiliario, ambientación ...
En fin ¡NORABOA!

Álvaro P. Vilariño dijo...

Que boa pinta ten esa actividade!
Déixovos este enderezo, unha referencia a tódolos niveis, e onde podedes encontrar moitas receitas e curiosidades sobre a alimentación no mundo romano.
Outro profesor de latín (Http://divesgallaecia.blogspot.com)

Álvaro P. Vilariño dijo...

http://derecoquinaria-sagunt.blogspot.com/

Esta era a referencia....!

olga dijo...

A nós o tema interesounos moitísimo. Nenos e nanes metéronse tanto no tema que creeron de verdade que estaban elaborando un informe real.
A proba de que o asunto non é só do interés da xente que estuda Latín.
Agora andan a ler biografías de xentes da época.
Estamos contentos. Visitaremos os sitios que nos recomenda Álvaro. Grazas, compañeiro!

Ici dijo...

Moitas grazas polos vosos comentarios,e con esto tamén aprendimos moitas cousas sobre os romanos.