30/01/11

Serendipia

Esta semana falamos de SERENDIPIA e imos afondar algo máis na orixe desta palabra.
Os tres príncipes de Serendip, é un conto tradicional persa (actual Sri Lanka)  Conta a historia que estos tres personaxes encontraban, sen buscala, a resposta a problemas que non se plantearan; que, gracias á súa capacidade de observación e á súa sagacidade, descubren a solución a dilemas non pensados.

Cando a mediados do s.XVIII, Horace Walpole coñeceu a histoira, gustoulle tanto e pareceulle un don tan peculiar que escribiu a historia e deuna a coñecer en Europa.
De pasó acuñou a nova palabra.
SERENDIPIA= accidente afortunado, descubrimento accidental.
En castelán o sinónimo máis cercano sería CHIRIPA ou CSUALIDADE. Pero, xa sabemos que non hai sinónimos perfectos. Así que.... SERENDIPIA é a palabra que usaremos.
Serendipias famosas históricamente, ademáis do descubrimento de América, éstán consideradas tamén: as vacinas, o teflón, os post-it, a internet, o transistor... Podedes buscar máis.
A historia actual que máis se inspira á dos tres príncipes é a serie televisiva House.

Ningún comentario: