10/11/10

Mapa de Peters

Hoxe preguntáchedesme por que aquel mapa que estabamos vendo (chámase prespectiva de Mercator) era distinto do que temos na aula (perspectiva de Peters), e eu prometín unha explicación. Aí vai.
O mapa de Peters é un enfoque máis equilibrado das dimensións dos continentes e paises onde os paises do sur non parezan máis pequenos do que son.

É moi complicado facer unha representación plana (mapa) dunha superficie redonda (A Terra) pero en 1569 o flamenco Mercator, fíxoo por primeira vez. Foi acollido con alegría polos navegantes, que eran a quen máis falta lles facía ese instrumento. Pensade que, daquela, Europa era o centro do mundo.
Andando o tempo comezáronselle a ver problemas. Vexamos:
-Neste mapa creríase que India ten 3,3 millóns de km2 e Escandinavia 1,1 millóns de km2.
América Latina parece máis pequena que Groenlandia: en realidade é 9 veces máis grande: 17,8 millóns de km2, contra 2,1 millóns de km2.

-Un tercio da superficie do mapa está destinada ó hemisferio Sur, mentres que dous tercios destínanse ó hemisferio Norte.

-Europa parece aquí máis extensa que América Latina. Cando é na realidade case a metade de pequena: Europa ten 9,7 millóns de km2 e América Latina 17,8 millóns de km2.

Esto é o que explica a aparición de Peters e o seu mapa co que pretendeu ser máis fiel ós tamaños reais dos paises e continentes. Ten presente que NON TEÑEN ESA FORMA pero SI ESA SUPERFICIE.

E, agora, pensade: o mapa que Brandon tiña na súa aula Colombiana...¿tamén tería a Europa no centro?


E, neste, un xogo do profresor Fernando Pelillo

6 comentarios:

samuel dixo...

Eu penso que Brandon tiña a América no medio e medio

Leo dixo...

Porque todo é relativo. Depende desde onde se mire....

samuel dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
samuel dixo...

vale agora entendo¡¡¡

samuel dixo...

en donde estaba os 2 mapas xuntos?????

Leo dixo...

Pincha sobre neste enlace pode rás ver....
e chegar´s a unha páxina de EL PAIS. Logo busca un enlace que hai abaixo á dereita que pon: Ver tipo de representaciones del mapa del mundo. Aí está.