26/3/09

Galipedia



A semana pasada publicamos (¡por fin!) na Galipedia os traballos que fixeramos sobre o Antroido en Malpica: O Xogo das Vacas de Barizo e a Mikaela de Buño.
Aínda nos faltan as Madamas e Madamitos de Cerqueda... pero estamos nelo.
Nenos e nenas traballaron moitísimo, primeiro falando con todos aqueles que podían contar algo. E logo, rescatando o que había de singular en tódalas aportacións.
Deixamos o enlace: Malpica

8/3/09

8 de Marzo. Dí da Muller Traballadora

Da man dos nosos amiguiños de Cadernos de Vide coñecín estes videos. Mirádeos con atención:


Hoxe é 8 de Marzo e, no mundo enteiro, adícase o día a lembrar os problemas que teñen as mulleres como traballadoras.
Esto da conciliación da vida familiar e laboral... na túa casa... ¿como se fai?

5/3/09

Fabricando Sacapenas

Hoxe estiveron facendo SACAPENAS. Fíos, la, telas, goma-eva... e as mans. ¡Que mans!

E, cantas risas! cantos...¿axúdasme?, cantas cousas tocadas por vez primeira!

E Fani dixo:

-A min o que me emociona é saber que o meu vai estar na man dun neno de tan lonxe.

Bueno, Fani...¡é así!

Seguro que mañá acaban. E ata Olga levou un para facer na casa!!!