17/05/11

...e fin!


Xa de volta destes días de xogos e camaradería, deixovos as imaxes para lembrar.
Agora aínda toca rematar o curso e ...¡todo iso!
Pero estes días estarán sempre na nosa memoria.
Tódalas imaxes AQUÍ

15/05/11

Viaxe fin de curso


Algunhas imaxes do que foi o noso primeiro día no Fieitás.
As fotos para descargar están AQUÍ
Despois de organizarnos en grupos paa os dormitorios e pórlles nome, comemos.
Pola tarde, o vento non nos deixou voar as cometas nin atender ben ás explicacións da visita á lagoa. Pero pasámolo ben de todos xeitos.
Xa pola noite,e despois de cear, fixemos un xogo de pistas. O vento seguía tolo, tolo.
Pero hoxe xa calmou.
Seguiremos a informar!

07/05/11

Coma colofón


Rematamos cos temas de Historia que penso foron interesantes e productivos.
Espero, de verdade, que cando no resto da vosa vida escolar teñades que abordar o estudo desta materia o fagades con interés, con curiosidade, sabendo que non é unha ristra de datas e enfrontamentos bélicos.
Coma colofón deixovos este enlace a un blog que veño de coñecer. É dunha profesora de bacherelato pero non hai ningunha dificultade para achegarse a el.
Deixarei o enlace entre os permanentes para que no futuro poidade, tamén acceder ás estupendas explicacións que ten.
Porque un profesor, canto mási sabe, millor se explica.

06/05/11

A ILUSTRACIÓN




Eu aprendin moitas cousas sobre a ilustración, que foi un movemento filósofico e cultural que pretendia romper coa politica que había nese momento.


Tamen aprendin que uns dos ilustrados foron: Montesquieu, Immanuel Kant e Voltaire.


Foi un movemento que pasou en varios paises euripeos pero o mási famoso é Francia porque alí escribiron a Enciclopedia

A Revolución Francesa


A Revolución Francesa era un proceso social e político do ano 1789 en Francia, fíxose porque os pobres querian as mesmas prioridades que os ricos.

O pobo de París asaltou a Bastilla para reclamar os seus dereitos e facer realidade o lema: Igualdade, Liberdade e Fraternidade.
Fartos de aguantar o despotismo dos nobles e poderosos, rebeláronse contra eso.

A fortaleza da Bastilla era un símbolo para o rei porque alí encarcelaba a xente que non lle combiña, tamén gardaban a pólbora, por iso os revulucionarios a asaltaron porque as armas xa as colleran noutra.
Finalmente, conseguiron o que pretendian.

CIDADES DO SÉCULO XIX


Eu elexín este tema porque queria comparar as cidades do século xix coas cidades de agora.
Foi moi interesante comparar a cidade de A Coruña de antes coa de agora: non se parecen en nada.
Tamén vin as casas dos ricos e pobres dese sèculo.