20/6/11

O último Proxecto


Como último Proxecto en 6º, sempre propoñemos a construcción dun circuito eléctrico convertido en algo. Sempre construido con materiais de refugallo.
Confeso que cada ano sodes quen de sorprenderme con construccións máis imaxinativas e novidosas.
Armazóns de paraugas, envases diversos, bonecos dos ovos de chocolate, xoguetes avariados... a colaboración da familia e moita imaxinación, foron os ingredientes.
Aí tendes os circuitos e os seus creadores e creadoras.
Sen máis: moita sorte na vida que ven!
E, lembrade que esta será sempre a vosa escola.
O álbum podedes descargalo AQUÍ

17/6/11

A miña última entrada no blog

Son Tania Varela de 6ºB e esta é a miña última entrada neste blog.O que máis me gustou deste curso foi ir ao camping Fieitás,no Grove,e a gran festa de cumpreanos da miña compañeira Nuria.


As miñas materias favoritas foron matemáticas,reli,música e Ximnasia.


Nesas materias,os meus traballos favoritos foron os números negativos e o sistema das horas(sistema sexaxesimal)

10/6/11

ANTIA


A historia e un tema que me gusta moito porque sempre tiven curiosidade de saber
o que pasou antes de que eu nacese.

A hitoria esta chea de persoas que destacaron por algo en concreto por exemplo: rei,
poeta,...

A despedida.





Ao longo deste curso as materias que máis me gustaron foron: Educación fisica, relixión e matematicas.


Ás excursións so foron dúas: Nostian con Sogama e o camping Fietás de O Grove.En Sogama tiñan mascarillas pero preferia que as tuvesen en Nostian porque cheiraba moitisimo máis.



ATA SEMPRE MILLADOIRO!!!!!!!

Samuel

Este ano foi o mellor sobre unha das miñas clases preferidas:O coñecemento.

Traballamos a historia dun modo diferente ós anteriores , que me encantou.Cando acababamolos traballos sentía unha grande ledicia que dependendo do esforzo que fixera era máis grande.

Agora estamos acabando o curso e gústariame que no I.E.S. Ponteceso podamos facer estes traballos tan marabillosos.

ATA SEMPRE MILLADOIRO!!!

Gabi e o Saxofón



Como este é o meu último ano no colexio, tamén é a miña última entrada, claro... Entón vou a explicarvos a miña carreira de saxofón, aínda non rematada.

Comecei con 8 anos, o saxofón era máis grande ca min. Pareceume fácil, non me custou traballo aprender as posicións.
Actuo nas festas en Malpica, toco nas galas de fin de curso da Asociación Cultural Malante.

Agora vou en 4º, vou facer unha proba para pasar a 1º de Grao Profesional. A min gustariame que escoitarades esta canción, La Pantera Rosa

Nuria



Esta etapa tan especial da miña vida, termina e comeza unha nova, cambiando os compañeiros, profesores e colexio.


Botarei de menos os profesores e as clases tan divertidas de Olga, e sobretodo da miña asignatura preferida as matematicas!!!


Espero seguir estudando porque quero ser notaria.

Xa sei que terei que esforzarme MOITÏIIIIIIISIMO, pero estou disposta a facelo.

E, para divertirme... xogar ó baloncesto.

Acabase un ciclo importante


Acabase un ciclo importante na miña vida como estudiante de Primaria.
Nesta etapa académica aprendín moitas cousas como: a facer traballos de educación documental, a expresarme coas miñas palabras, a ser mellor persoa...
Este último ano en primaria foi para min un dos máis importantes e divertidos da miña vida escolar porque foi donde averiguei que me gustaba moito facer cousas novas, espero que os 4 anos que pase no instituto sean iguais.
Sempre recordarei ós meus compañeiros e tampouco me esquezo dos meus profesores e profesoras que me axudaron a chegar ata aqui.

Hugo

Xa que este é o ultimo ano neste cole, ou eso penso eu, quérome despedir de todos explicando, polo miudo, quen son eu:
Son un rapaz ao que lle gusta a lectura e as matemáticas que de maior desexa ser titor de primaria ou secundaria. Por iso teño ganas de superar o instituto para e chegar a universidade coas mesmas ganas que agora.

No instituto non so vou facer amigos, senón que vou descubrir quenes son os meus verdadeiros amigos.

Tamén sei que é unha epoca moi dura, chea de cambios, problermas e dificultades que co tempo se poden superar.



























1/6/11

Aniversario

Hoxe estivo Nuria de aniversario.
Parabéns!!!

Ese fermoso doce de chocolate...¡tamén saíu das súas máns!
Esta rapaza sabe de todo.