25/5/13

Un repoludo gaiteiro

Os nenos e nenas de 6º A recitan a Rosalía. Escolleron este poema porque este ano andiveron a aprender cousas e cousiñas sobre a música tradicional... e os músicos!

5/5/13

Matilda: a mocidade

Seguimos coa publicación dos cortes da entrevista que fixemos en 6ºA a Matilda de Limiñoa (Matilde Castro) Nesta ocasión escollemos os fragmentos nos que Matilda fala da moza que foi, de como se moceaba, e do papel que cumplía a música (o cante, os bailes...) no mundo que lle tocou vivir. Anque ela retrata un mundo que xa non existe, nenos e nenas teñen aínda as claves para comprendela porque, no esencial, as mozas de onte eran coma as de hoxe: coquetas, seductoras, con ganas de festa...

Matilda e a súa infancia

Preguntas e respostas sobre como foi a súa infancia.