29/9/13

Taller de instrumentos tradicionais


 O pasado mes de Febreiro tivo lugar na biblioteca e para os nenos e nenas de 6º, un taller de construcción de instrumentos musicais tradicionais con Emilio Lois. Asubíos de avelá, mirlitóns e carrizos foron os escollidos para esa hora e media que se nos quedou tan curta. O importante, de tódolos xeitos, foi que os escolares tiveron ocasión de ver e facer algo que descoñecían por completo, ao tempo que nas familias se suscitaron conversas nunca tidas pois, ás veces, os pais esquecemos transmitir aos fillos cousas que sabemos pero... que ¿esquecimos? Pois xa non. Grazas a Emilio que fixo un oco nas súas ocupacións para vir facernos este agasallo. PINCHANDO AQUI podes ver tódalas fotos Nota: esta entrada foi publicada no seu dia no blog do PDI (Que serei, que serás?) e, por algunha razón esquecin publicalo aquí, que é o seu sitio natural. Xa está correxido o erro.

25/9/13

Comezamos!

... unha vez máis, no meu caso. Pero... A PRIMEIRA VEZ!!! para eles e elas.
Este é o noso equipo. Xuntos percorreremos durante dous cursos un camiño que esperamos sexa feliz, gozoso e productivo.

Adiante, logo!