05/11/19

Esto é o que somos

No curso pasado inauguramos as nosas novas instalacións. Pasamos a formar parte dos centro piloto nos que a Consellería explora a evolución do modelo de biblioteca escolar acorde coas necesidades do alumnado actual e coas tendencias en materia bibliotecaria e educativa. estamos moi orgullosos da nosa traxectoria de excelencia educativa. Hoxe os centros LIA2 son 20. Cando nos seleccionaron a nós eramos 12 de toda Galicia (de Infantil a Bacherelato) Así que: 
podedes presumir de cole!

06/05/19

Parabéns, Aarón!

O pasado venres tivo lugar en Santiago a entrega de Premios do Concurso que anualmente organiza o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia con motivo do Día da Nai.
Na categoría dos maiores, o premiado foi o noso alumno de 5º Aarón Abal, con esta marabilla de deseño que se encargou de facer realidade a xoiaría Fernández de Sada:
Parabéns, Aarón!
Deixámosvos a reseña do acto na prensa compostelá

07/04/19

Ledicia Costas en Radio Balea

Cando Ledicia nos visitou en abril, os nenos e nenas de 5º fixéronlle unha entrevista en radio Balea. Velaí!

21/01/19

Amendoados de Nadal


Logo de un intenso primeiro trimestre, que supuxo unha adaptación tanto ao curso como a metodoloxía do novo mestre, ben nos merecíamos cociñar unha deliciosa sobremesa típica destas datas, especialmente da localidade ourensana de Allariz.

O alumnado puido aprender e vivenciar a importancia da orde, da limpeza e da precisión na cociña. E despois... a disfrutar de comer o que un mesmo prepara! 



Estaban moi bos!

16/01/19

Eu en 100 palabras 18/19

Xa están publicados os arquivos da actividade Eu en 100 palabras correspondente ao presente curso. Deixámola tamén enlazada na columna lateral deste blogue para que poidades escoitala cantas veces queirades sen pasar o traballo de buscala. Parabéns polo resultado!