21/1/19

Amendoados de Nadal


Logo de un intenso primeiro trimestre, que supuxo unha adaptación tanto ao curso como a metodoloxía do novo mestre, ben nos merecíamos cociñar unha deliciosa sobremesa típica destas datas, especialmente da localidade ourensana de Allariz.

O alumnado puido aprender e vivenciar a importancia da orde, da limpeza e da precisión na cociña. E despois... a disfrutar de comer o que un mesmo prepara! 



Estaban moi bos!

16/1/19

Eu en 100 palabras 18/19

Xa están publicados os arquivos da actividade Eu en 100 palabras correspondente ao presente curso. Deixámola tamén enlazada na columna lateral deste blogue para que poidades escoitala cantas veces queirades sen pasar o traballo de buscala. Parabéns polo resultado!