Hoxe, 20 de Novembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia, por iso, dende o CEIP Milladoiro queremos reivindicar o Dereito a unha Educación en Igualdade e de Calidade para todos e todas, e darlle así voz a tod@s os que non a teñen.
Vai sendo hora de encamiñarnos a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 de desenvolvemento sostible nun mundo diverso. Un destes obxectivos é unha EDUCACIÓN DE CALIDADE.
Nós tentamos, día a día, pór o noso pequeno gran de area para ir...
Os nenos e nenos de 5ºA elaboraron diferentes contos terroríficos mediante a técnica do binomio fantástico de Rodari e adamais demostraron as grandes dotes narrativas interpretando algún destes contos no Croma.
A proposta desta semana consiste nunha pequena reflexión que vos axudará a facervos máis conscientes da presenza da publicidade no voso día a día. Xa tedes no correo un documento cunha serie de preguntas que guiarán a vosa reflexión. Estou desexando ler as vosas respostas!
Charo
Bo día! Na actividade desta semana propóñovos que investiguedes
sobre un país da vosa elección e tomedes nota dos datos máis relevantes. As
indicacións para organizar a información recollida están no documento que xa
tedes nos vosos correos electrónicos.
Despois de traballar co tema 1, agora adentrarémonos no tema 2. Tedes arredor dunha semana, ata o martes 2 de xuño. Posteriormente, repasaremos o 3 e logo o 4.
As tarefas son:
-Pasapalabra sobre o tema 2
-Resumo básico sobre o tema 2
- Experimento sobre o tema 2 respecto á enerxía ou ás forzas
Por fin
parece que podemos comezar a disfrutar de novo dos paseos ao aire libre. A
beleza da paisaxe natural da nosa zona é un aliciente para realizar actividades
de xeito sostible, sen necesidade de contaminar, simplemente facendo pequenas
rutas por lugares non moi alonxados das nosas casas. A tarefa que propoño esta
semana consiste na descrición dun percorrido polo concello de Malpica que vos pareza
especialmente interesante desde o punto de vista da nosa riqueza natural ou
cultural. Pode ser, por suposto, calquera paseo por Malpica e arredores que xa teñades
feito: San Adrián, un paseo desde a Atalaia ata As Neves...O que prefirades. Nos vosos correos electrónicos tedes as indicacións concretas para realizar a tarefa.
Xa tedes nos vosos correos electrónicos a proposta desta semana: "Cóntame".
Está claro que o momento que estamos a vivir quedará por
sempre marcado nas nosas vidas. Será algo do que probablemente se falará
durante anos pola importancia dos sucesos. A actividade desta semana consiste
en que lle preguntedes a algún membro da vosa familia acerca dalgún acontecemento
de importancia histórica que vivira e que quedara na súa memoria para sempre.
Pregutádelles aos vosos avós, avoas, nais, pais (quen prefirades)... se lles tocou vivir
algún momento histórico relevante e pedídelles que vos falen sobre esa experiencia.
Pode que fose algo significativo en Galicia, en España ou a nivel mundial. Tomade nota por escrito do que vos conten e tede presentes as indicacións que se vos dan no documento adxunto que tedes no correo.
Xa tedes na caixa de entrada do voso correo a nova proposta semanal. Nesta situación que estamos a vivir observamos
que hai moitas persoas que seguen traballando para que poidamos satisfacer as
nosas necesidades básicas, como os profesionais da área sanitaria, da alimentación
e moitos outros. Esta semana propoño unha reflexión sobre o momento actual e que redactemos unha carta de agradecemento. As indicacións para facer a tarefa tédelas nos vosos correos. Ánimo!
Xa tedes no voso correo a nova proposta para esta semana: unha actividade coa que poderedes repasar un pouco de lingua galega, un pouco de ciencias sociais... e moitas outras cousas! Agardo as vosas respostas.
Charo
Estas son as imaxes que me chegaron ata o momento sobre o voso traballo desta semana.
Parabéns a tod@s!
Espero, de verdade, que ademáis de repasar as fraccións e os decimais, o pasárades ben e a tarefa fora ocasión de compartir co resto da familia.
Porque iso é o que pretendemos: non que vos sintades presionados e presionadas polos traballos encargados. Non se trata de que o vivades como unha carga. Xa bastante difíciles son as circunstancias que nos toca vivir.
O que si queremos é que vos fagades responsables das vosas tarefas e saquedes o mellor de vós.
Apertas.
O luns... haberá outra tarefa. Ata entón: Boa finde!
Xa tedes no correo a proposta para esta semana. Todas as indicacións para realizala están no documento adxunto que vos enviei. Espero recibir pronto as vosas respostas para publicalas aquí de maneira conxunta.
Charo
O pasado venres, ás sete e media da tarde chegou ao correo do centro unha comunicación do noso inspector. Nela, sen outro contido, achegaba as orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020. Premendo enriba del podedes lelo directamente na páxina da xunta de primeira man.
Nas devanditas orientacións non hai nada novo para nós: a avaliación farase continua (tal e como figura na lexislación vixente e nunca foi doutra maneira), a repetición de curso será algo excepcional (xa ten esa consideración na lexislación vixente)…
No final do curso, o profesorado emitirá un informe de cada escolar (exactamente como se viña facendo ata o momento porque así o contempla a lexislación vixente).
Tal e como se indicaba nas anteriores instrucións para o confinamento: as actividades que se propoñan ao alumnado serán de recuperación, repaso e reforzo do traballado presencialmente. As tarefas serán globalizadas, interdisciplinares e integradas…. Ben sabedes que así é como estamos traballando desde o comezo.
Lido o texto quédannos preguntas. Moitas preguntas. Para as que non temos respostas.
Agardamos da nosa Consellería que, en cumprimento das competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, tome as decisións necesarias para guiarnos claramente cara un fin de curso nas mellores condicións posibles.
Lede o documento. Iso é todo. Sabemos o mesmo ca vós.
Xa sabemos que vos gustaría ter certezas e seguridades. Tamén a nós.
Agardamos todos polas indicacións da Sra. Conselleira.
Indicacións que vos achegaremos en canto obren no noso poder.
Bo día e bo comezo de trimestre!
Xa tedes no correo as indicacións necesarias para crear os vosos pasapalabras. Anímovos a que os fagades e mos enviedes para logo poder compartilos aquí no blogue.
Unha aperta grande.
Charo
Carta da dirección do CEIP Milladoiro ás familias, redactada o domingo 12 de abril de 2020 e publicada o mesmo día na web do centro.
Queridas familias: agardamos que todos gocedes de boa saúde.
Como ben sabedes, o vindeiro martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre do presente curso 2019/20. E reanudaremos a actividade académica, propiamente dita, con todo o noso alumnado.
Sabemos o difícil que está a ser facer escola sen estar na escola Sabemos que os nenos e as nenas necesitan o ambiente motivador das aulas para seguir aprendendo… e que esta situación énchenos de incertezas e inseguridades porque temos máis preguntas que respostas.
Pero tamén sabemos que somos xente afouta e que neste momento o realmente importante é conservar intacta a esperanza, o ánimo e os vínculos que nos enlazan sexan estes familiares, profesionais ou simplemente… de afecto. Empregar o tempo en fortalecelos será un capital que levaremos con nós toda a vida. Sobre todo os nenos e as nenas.
A Consellería, que en todo este período non se caracterizou por manternos informados, segue na súa líña. De maneira que, hoxe domingo, non temos directrices para o desenvolvemento profesional do noso labor.
Sabemos que o vindeiro mércores haberá unha reunión sectorial da Ministra Celaa cos conselleiros das disferentes CC.AA. e pode ser que os seus acordos sexan trasladados a Galicia polas nosas autoridades educativas. Pode. En calquera caso, terémosvos informados.
De momento: o martes o profesorado colgará novas tarefas primando contidos procedimentais e actitudinais sobre os conceptuais.
Tende a seguridade de que vos estamos a trasladar puntualmente canta información nos chega das autoridades educativas e así o seguiremos a facer.
Unha actividade moi interesante para facer durante esta
cuarentena é escribir un diario. Nel teredes a oportunidade de ir recollendo o
que vos pareza máis significativo de cada día. Podedes reflexionar sobre
diferentes preguntas, como por exemplo:
-Como me sinto?
-Que preocupación teño no pensamento?
-Que aprendín hoxe?
-Que música escoitei e me fixo sentir ben?
-A quen botei de menos hoxe especialmente e por que?
-Como se sente a miña familia?
-Que conversa interesante mantiven hoxe e con quen?
-Creei algo novo?
Estas son só algunhas preguntas de exemplo, pero non
esquezades que se trata do voso diario: vós decidides aquilo sobre o que queirades
escribir.
Hoy es el último día de este segundo trimestre… un segundo
trimestre que sé que no olvidaréis en vuestra vida. Sin duda, el COVID-19 es
ahora mismo lo que nos paraliza, lo que nos ha confinado en nuestras casas; por
el bien de todos, debemos quedarnos y mantenernos así hasta nuevo aviso.
Igualmente, os mandaré hoy las notas bien mediante
AbalarMobil (si no lo tenéis podéis descargar la aplicación desde Google Play o
el App Store) y mediante el correo. Por lo tanto, NECESITO VUESTROS
CORREOS ELECTRÓNICOS.ENVIADME UN MAIL A:
tutoriasergiosm@gmail.com
Aun así, la Semana Santa llega y os toca descanso. Por ello,
la palabra que nos toca hoy es… DESCANSO.
De esta forma, pensemos sobre qué es el descanso y responded
en vuestra libreta de Lengua Castellana.
1)¿Qué es el descanso para vosotros? Justifica tu
respuesta
2)¿Qué efectos positivos tiene en tu cuerpo cuando
descansas?
3)¿Cuáles son las señales que te da tu cuerpo para
descansar?
4)¿En qué momento del día te notas más despierto?
5)¿Es necesario descansar o es una pérdida de
tiempo? ¿Por qué?
6)¿Se puede descansar haciendo deporte o caminando?
7)¿Descansamos todos de la misma manera?
8)¿Es posible descansar en compañía? ¿O prefieres
descansar solo?
9)¿Cuál es la actividad que más te ayuda a
descansar?
En cuanto al trabajo de hoy, aquí os dejo la tabla con los
ejercicios a realizar y con las tareas.
Lingua Galega: Exercicios páxina 133 do 1 ao 7
Lengua Castellana: Página 128.
·Copiar los esquemas de las comas y los puntos.
·Poner un ejemplo de cada característica (Un
ejemplo de “Separa en el lugar y la fecha en una carta…”, “separa los elementos
de una enumeración…”).
·Ejercicios 20 y 21 de esa página
Matemáticas
Página 134:
Copiar las tabla de paralelogramos, trapecios y trapezoides.
Hacer una tabla.
Copiar “La suma de los ángulso interiores es siempre 360º y
la suma de los ángulos exteriores es 180º”
Página 135: 11, 12 y 13
Sin más, ¡esto es todo!
Os deseo una buena Semana Santa :) Todo saldrá bien💗
2) Atopar a maior cantidade de polígonos dentro da vosa casa... Nun minuto!! Podedes poñer en comentarios cantos conseguíchedes
Lingua Galega:
Hoxe imos ver unhas citas célebres de Virginia Woolf... Sabedes quen foi?
Virginia Woolf foi unha escritora inglesa famosa por promover o feminismo nas súas obras. Era novelista, ensaísta e escritora de contos dentro do movemento literario do século XX. Entre as súas obras máis famosas atópanse A señora Dalloway, Ao faro, Orlando: unha biografía, As ondas e Unha habitación propia. Sen dúbida, unha das grandes mentes do século pasado. Ademais. Tamén é coñecida polas súas frases soadas, que seguro que xa liches en máis dunha ocasión. Hoxe déixovos algunhas delas cunha pequena reflexión 😉 "Se non contas a túa propia verdade, non poderás contar a dos demais"
-Que pensades desta cita? Que credes que significa?
-É importante dicir a verdade? Por que?
-Cres que se podería vivir mentindo constamente? Por que?
-Cres que as persoas que din a verdade son máis felices? Por que?
Non hai barreira nin candado que lle poidas poñer á miña liberdade de pensar" - Somos libres para pensar o que queiramos? Por que? Durante a maior parte da historia, Anónimo era unha muller. Que opinas desta cita? Estás de acordo? Por que? -Coñeces algún caso non que algunha muller firmase como anónimo ou cun pseudónimo (outro nome)? Se non, busca alguna en Internet - Por que cres que as mulleres non escribían o seu nome cando escribían un libro, unha novela ou unha obra de arte? Isto é todo!! Unha forte aperta, Sergio
Buen día!
¿Qué tal? ?Cómo habéis llevado la semana? ¿Todo bien? :)
Hoy recuperamos otra de las rutinas que teníamos: la palabra de la semana!! Como sabéis, el único que se entrena no son los músculos como bíceps, cuádriceps o abdominales... también lo en nuestro cerebro y nuestro pensamiento!
Para eso, tal y como hacemos en la clase, reflexionaremos todas y todos con la palabra del día que es... Historia.
Entonces, paraos a pensar en el siguiente:
-¿Qué es la historia?
-¿ES importante a historia? ¿Por qué?
Ahora, te animo a buscar las siguientes respuestas y escribirlas.
-¿Tiene una historia tu escritorio?
-¿Tiene una historia el edificio de tu escuela?
-¿Tiene una historia tu casa?
-¿Tiene una historia tu familia?
-¿Tiene una historia tu calle?
-¿Tiene una historia tu ciudad?
-¿Tiene una historia el mundo?
Y finalmente, la última pregunta:
-Pódese cambiar a historia?
Dadle respuesta en la libreta de Lengua Castellana. :)
Ya me contaréis qué tal os va, ¡filósofas y filósofos!