Estes son os pasapalabras creados por algúns nenos e nenas de 6º. As solucións están a partir da páxina 20. Non as miredes antes de tempo!
Os/as nenos/as de 5º e 6º izamos velas en fronte das Sisargas, Malpica, para seguir facendo e aprendendo xuntos/as.
27/04/20
Nova proposta para 6º: envases e etiquetas
Xa tedes no voso correo a nova proposta para esta semana: unha actividade coa que poderedes repasar un pouco de lingua galega, un pouco de ciencias sociais... e moitas outras cousas! Agardo as vosas respostas.
Charo
Charo
Etiquetas:
6º,
ciencias sociais,
cuarentena,
lingua galega,
música
24/04/20
Cociñando e repartindo
Estas son as imaxes que me chegaron ata o momento sobre o voso traballo desta semana.
Parabéns a tod@s!
Espero, de verdade, que ademáis de repasar as fraccións e os decimais, o pasárades ben e a tarefa fora ocasión de compartir co resto da familia. Porque iso é o que pretendemos: non que vos sintades presionados e presionadas polos traballos encargados. Non se trata de que o vivades como unha carga. Xa bastante difíciles son as circunstancias que nos toca vivir. O que si queremos é que vos fagades responsables das vosas tarefas e saquedes o mellor de vós. Apertas.
O luns... haberá outra tarefa. Ata entón: Boa finde!
Parabéns a tod@s!
Espero, de verdade, que ademáis de repasar as fraccións e os decimais, o pasárades ben e a tarefa fora ocasión de compartir co resto da familia. Porque iso é o que pretendemos: non que vos sintades presionados e presionadas polos traballos encargados. Non se trata de que o vivades como unha carga. Xa bastante difíciles son as circunstancias que nos toca vivir. O que si queremos é que vos fagades responsables das vosas tarefas e saquedes o mellor de vós. Apertas.
O luns... haberá outra tarefa. Ata entón: Boa finde!
Etiquetas:
cuarentena,
matemáticas 6º
23/04/20
22/04/20
21/04/20
20/04/20
0. Unha viaxe intertemporal
Moi boas, alumnado de 5º de primaria
O capitán Zukunft
Recibiredes máis información dentro de pouco....
Etiquetas:
CIEW,
cuarentena
Libros, libros e máis libros
Xa tedes no correo a proposta para esta semana. Todas as indicacións para realizala están no documento adxunto que vos enviei. Espero recibir pronto as vosas respostas para publicalas aquí de maneira conxunta.
Charo
Charo
Etiquetas:
6º,
animación á lectura,
cuarentena,
lingua castelá,
lingua galega
19/04/20
Carta ás familias. Instrucións terceiro trimestre
Queridas familias:
O pasado venres, ás sete e media da tarde chegou ao correo do centro unha comunicación do noso inspector. Nela, sen outro contido, achegaba as orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-2020. Premendo enriba del podedes lelo directamente na páxina da xunta de primeira man.
Nas devanditas orientacións non hai nada novo para nós: a avaliación farase continua (tal e como figura na lexislación vixente e nunca foi doutra maneira), a repetición de curso será algo excepcional (xa ten esa consideración na lexislación vixente)…
No final do curso, o profesorado emitirá un informe de cada escolar (exactamente como se viña facendo ata o momento porque así o contempla a lexislación vixente).
Tal e como se indicaba nas anteriores instrucións para o confinamento: as actividades que se propoñan ao alumnado serán de recuperación, repaso e reforzo do traballado presencialmente. As tarefas serán globalizadas, interdisciplinares e integradas…. Ben sabedes que así é como estamos traballando desde o comezo.
Lido o texto quédannos preguntas. Moitas preguntas. Para as que non temos respostas.
Agardamos da nosa Consellería que, en cumprimento das competencias que lle outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, tome as decisións necesarias para guiarnos claramente cara un fin de curso nas mellores condicións posibles.
Lede o documento. Iso é todo. Sabemos o mesmo ca vós.
Xa sabemos que vos gustaría ter certezas e seguridades. Tamén a nós.
Agardamos todos polas indicacións da Sra. Conselleira.
Indicacións que vos achegaremos en canto obren no noso poder.
Mentres tanto: apertas, azos e saúde.
A Dirección.
18/04/20
17/04/20
Cuerpos geométricos. Breogán Cancela
Magnífica presentación a que nos achega Breo.
Parabéns, Breogán!
Etiquetas:
cuarentena,
matemáticas 6º
14/04/20
Proposta de pasapalabra para 6º
Bo día e bo comezo de trimestre!
Xa tedes no correo as indicacións necesarias para crear os vosos pasapalabras. Anímovos a que os fagades e mos enviedes para logo poder compartilos aquí no blogue.
Unha aperta grande.
Charo
Xa tedes no correo as indicacións necesarias para crear os vosos pasapalabras. Anímovos a que os fagades e mos enviedes para logo poder compartilos aquí no blogue.
Unha aperta grande.
Charo
Etiquetas:
6º,
cuarentena,
lingua castelá,
lingua galega
Inicio 3º trimestre
Carta da dirección do CEIP Milladoiro ás familias, redactada o domingo 12 de abril de 2020 e publicada o mesmo día na web do centro.
Queridas familias: agardamos que todos gocedes de boa saúde.
Como ben sabedes, o vindeiro martes 14 de abril comeza o terceiro trimestre do presente curso 2019/20. E reanudaremos a actividade académica, propiamente dita, con todo o noso alumnado.
Sabemos o difícil que está a ser facer escola sen estar na escola Sabemos que os nenos e as nenas necesitan o ambiente motivador das aulas para seguir aprendendo… e que esta situación énchenos de incertezas e inseguridades porque temos máis preguntas que respostas.
Pero tamén sabemos que somos xente afouta e que neste momento o realmente importante é conservar intacta a esperanza, o ánimo e os vínculos que nos enlazan sexan estes familiares, profesionais ou simplemente… de afecto. Empregar o tempo en fortalecelos será un capital que levaremos con nós toda a vida. Sobre todo os nenos e as nenas.
A Consellería, que en todo este período non se caracterizou por manternos informados, segue na súa líña. De maneira que, hoxe domingo, non temos directrices para o desenvolvemento profesional do noso labor.
Sabemos que o vindeiro mércores haberá unha reunión sectorial da Ministra Celaa cos conselleiros das disferentes CC.AA. e pode ser que os seus acordos sexan trasladados a Galicia polas nosas autoridades educativas. Pode. En calquera caso, terémosvos informados.
De momento: o martes o profesorado colgará novas tarefas primando contidos procedimentais e actitudinais sobre os conceptuais.
Tende a seguridade de que vos estamos a trasladar puntualmente canta información nos chega das autoridades educativas e así o seguiremos a facer.
Apertas, azos, saúde e moita esperanza!
A Dirección
03/04/20
O voso diario
Unha actividade moi interesante para facer durante esta
cuarentena é escribir un diario. Nel teredes a oportunidade de ir recollendo o
que vos pareza máis significativo de cada día. Podedes reflexionar sobre
diferentes preguntas, como por exemplo:
-Como me sinto?
-Que preocupación teño no pensamento?
-Que aprendín hoxe?
-Que música escoitei e me fixo sentir ben?
-A quen botei de menos hoxe especialmente e por que?
-Como se sente a miña familia?
-Que conversa interesante mantiven hoxe e con quen?
-Creei algo novo?
Estas son só algunhas preguntas de exemplo, pero non
esquezades que se trata do voso diario: vós decidides aquilo sobre o que queirades
escribir.
Moito ánimo!
Charo
Etiquetas:
6º,
animación á escritura,
cuarentena,
lingua castelá,
lingua galega
Traballo do venres e rutina do venres
RUTINA DEL
VIERNES Y TRABAJO DEL VIERNES
Buenos días, alumnado!
¿Cómo estáis? ¡Espero que muy bien!
Hoy es el último día de este segundo trimestre… un segundo
trimestre que sé que no olvidaréis en vuestra vida. Sin duda, el COVID-19 es
ahora mismo lo que nos paraliza, lo que nos ha confinado en nuestras casas; por
el bien de todos, debemos quedarnos y mantenernos así hasta nuevo aviso.
Igualmente, os mandaré hoy las notas bien mediante
AbalarMobil (si no lo tenéis podéis descargar la aplicación desde Google Play o
el App Store) y mediante el correo. Por lo tanto, NECESITO VUESTROS
CORREOS ELECTRÓNICOS. ENVIADME UN MAIL A:
tutoriasergiosm@gmail.com
Aun así, la Semana Santa llega y os toca descanso. Por ello,
la palabra que nos toca hoy es… DESCANSO.
De esta forma, pensemos sobre qué es el descanso y responded
en vuestra libreta de Lengua Castellana.
1)
¿Qué es el descanso para vosotros? Justifica tu
respuesta
2)
¿Qué efectos positivos tiene en tu cuerpo cuando
descansas?
3)
¿Cuáles son las señales que te da tu cuerpo para
descansar?
4)
¿En qué momento del día te notas más despierto?
5)
¿Es necesario descansar o es una pérdida de
tiempo? ¿Por qué?
6)
¿Se puede descansar haciendo deporte o caminando?
7)
¿Descansamos todos de la misma manera?
8)
¿Es posible descansar en compañía? ¿O prefieres
descansar solo?
9)
¿Cuál es la actividad que más te ayuda a
descansar?
En cuanto al trabajo de hoy, aquí os dejo la tabla con los
ejercicios a realizar y con las tareas.
Lingua Galega: Exercicios páxina 133 do 1 ao 7
Lengua Castellana: Página 128.
·
Copiar los esquemas de las comas y los puntos.
·
Poner un ejemplo de cada característica (Un
ejemplo de “Separa en el lugar y la fecha en una carta…”, “separa los elementos
de una enumeración…”).
·
Ejercicios 20 y 21 de esa página
Matemáticas
Página 134:
Copiar las tabla de paralelogramos, trapecios y trapezoides.
Hacer una tabla.
Copiar “La suma de los ángulso interiores es siempre 360º y
la suma de los ángulos exteriores es 180º”
Página 135: 11, 12 y 13
Sin más, ¡esto es todo!
Os deseo una buena Semana Santa :) Todo saldrá bien💗

02/04/20
Clases do xoves
Bo día!
Como ides?
Aquí vos deixo o traballo para este xoves.
Recursos
Unha fábula en galego
Como ides?
Aquí vos deixo o traballo para este xoves.
Recursos
Unha fábula en galego
Sen máis, isto é todo!
Unha forte aperta,
Sergio´
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)