25/05/20

TAREFAS DE SEXTO DE PRIMARIA CIENCIAS DA NATUREZA

Bo día!

Despois de traballar co tema 1, agora adentrarémonos no tema 2. Tedes arredor dunha semana, ata o martes 2 de xuño. Posteriormente, repasaremos o 3 e logo o 4.

As tarefas son: 

-Pasapalabra sobre o tema 2

-Resumo básico sobre o tema 2

- Experimento sobre o tema 2 respecto á enerxía ou ás forzas

Isto é todo!

Saúdos,

Sergio

Proposta semanal para 6º: "De paseo"


Por fin parece que podemos comezar a disfrutar de novo dos paseos ao aire libre. A beleza da paisaxe natural da nosa zona é un aliciente para realizar actividades de xeito sostible, sen necesidade de contaminar, simplemente facendo pequenas rutas por lugares non moi alonxados das nosas casas. A tarefa que propoño esta semana consiste na descrición dun percorrido polo concello de Malpica que vos pareza especialmente interesante desde o punto de vista da nosa riqueza natural ou cultural. Pode ser, por suposto, calquera paseo por Malpica e arredores que xa teñades feito: San Adrián, un paseo desde a Atalaia ata As Neves...O que prefirades. Nos vosos correos electrónicos tedes as indicacións concretas para realizar a tarefa. 

18/05/20

Proposta semanal para 6º: cóntame


Xa tedes nos vosos correos electrónicos a proposta desta semana: "Cóntame".
Está claro que o momento que estamos a vivir quedará por sempre marcado nas nosas vidas. Será algo do que probablemente se falará durante anos pola importancia dos sucesos. A actividade desta semana consiste en que lle preguntedes a algún membro da vosa familia acerca dalgún acontecemento de importancia histórica que vivira e que quedara na súa memoria para sempre. Pregutádelles aos vosos avós, avoas, nais, pais (quen prefirades)... se lles tocou vivir algún momento histórico relevante e pedídelles que vos falen sobre esa experiencia. Pode que fose algo significativo en Galicia, en España ou a nivel mundial. Tomade nota por escrito do que vos conten e tede presentes as indicacións que se vos dan no documento adxunto que tedes no correo.

11/05/20

Proposta semanal: Letras Galegas

Esta é a proposta semanal para o 3º ciclo relacionada co Día das Letras Galegas. Agardamos a vosa participación!


04/05/20

Proposta semanal para 6º: carta de agradecemento

Xa tedes na caixa de entrada do voso correo a nova proposta semanal.
Nesta situación que estamos a vivir observamos que hai moitas persoas que seguen traballando para que poidamos satisfacer as nosas necesidades básicas, como os profesionais da área sanitaria, da alimentación e moitos outros. Esta semana propoño unha reflexión sobre o momento actual e que redactemos unha carta de agradecemento. As indicacións para facer a tarefa tédelas nos vosos correos. 
Ánimo!