07/06/20

PROPOSTA SEMANAL PARA 6º: "PUBLICIDADE"

A proposta desta semana consiste nunha pequena reflexión que vos axudará a facervos máis conscientes da presenza da publicidade no voso día a día. Xa tedes no correo un documento cunha serie de preguntas que guiarán a vosa reflexión. Estou desexando ler as vosas respostas!
Charo

05/06/20

TAREFAS SEXTO CIENCIAS DA NATUREZA TEMA 3

Bo día!

Para o tema 3, teredes que facer un esquema visual dun reino do tema, do que prefirades. 

TERCERO de LA PIEDAD: VISUAL THINKING NATURALES: LAS PLANTAS

6º EP – Pensamiento visual en Ciencias Naturales – Colegio Sagrado ...

MATNOTABLES: VISUAL THINKING NÚMEROS NATURALES

A maiores, un crucigrama sobre o tema. 

Finalmente, un experimento no cal empreguedes auga, pementa e xabrón de mans. 

1) Bota auga nun prato hondo

2) Bota un pouco de pementa en pó por riba (representa o que sería o virus)

3) Mete un dedo na auga: que acontece?

4) Agora mete o dedo en xabrón e logo na auga: que acontece? 

Describe a experiencia e o que descubriches

Saúdos,

Sergio



01/06/20

PROPOSTA SEMANAL PARA 6º: VIAXAMOS


Bo día! Na actividade desta semana propóñovos que investiguedes sobre un país da vosa elección e tomedes nota dos datos máis relevantes. As indicacións para organizar a información recollida están no documento que xa tedes nos vosos correos electrónicos.