Anque xa foi o luns 14, non houbo tempo de poñervos estas imaxes aquí.
Primeiro, Marín, Diego e Uxía fixeron unha marabillosa narración do conto que entre toso escribimos e ilustramos: a
nosa Cincenta, contada coa técnica do
kamishibai. O caso é que como nos sairon moitas imaxes, non puidemos usar o teatriño propio desta técnica pero... foi unha excelente lectura! Que ninguén pense que é doado ler mantendo a atención de 180 nenos e nenas. E fixéchedelo!
Despois, Nerea, Nuria, Eva, Manuel, Noelia, Santi, Diego García e Pedro contáronos o conto dos
3 porquiños na versión de
Roald Dahl, a que está incluída no libro
Cuentos en verso para niños perversos. Risas a cachón e unhas interpretacións excelentes.
No hipervínculo do título do conto tendes o texto e o enlace ás fotos
AQUÍ