04/12/13

Cronoloxía


A Idade Media é o período da Historia que vai desde a caída do Imperio Romano ata o descubrimento de América.

Os pobos bárbaros do centro e norte de Europa invadiron o Imperio Romano e establecéronse nos distintos territorios.

 Á Península Ibérica chegaron: Suevos, Vándalos, Alanos e Visigodos.
Caracterízase por:
  • frecuentes guerras e invasións 
  • ter como sistema de goberno o Feudalismo 
  • consolidción e extensión do cristianismo.As Cruzadas. 
  • creáronse os alicerces das que hoxe son as nacións europeas. 
  • foron nacendo as grandes cidades. 
  • foi xurdindo a burguesía.
 Ten dúas etapas:
a Alta Idade Meida (s.V a s. XI)
  •  consolídade o Feudalismo
e a Baixa Idade Media (s.XI ao s. XV) 
  • medran as cidades
  • florece o comercio

Idade Media

Comezamos co tema da Idade Media e para entrar en materia veremos este video sobre Visigodos e Musulmáns.

02/12/13

Os gatos Luna,Perlita e Máster.

Chámome  Luis Manuel Ferreiro Loureiro vivo en Malpica de Bergantiños.
                                                                                  
Tiña tres gatos, que se chamaban Luna , Perlita e ster. Son gatos siameses.

A súa nai chamase Brea.
Vivian na casa de miña avoa en Seaia. Alí pasábano xenial.

Cando me vian chégar estaban na cancela e poñíanse moi contentos de verme.
Pero cando sabián comer, beber e andar tivémolos que regalar.

                           uoises

Os meus periquitos



Chámome Jorge Arcay, teño 10 anos e teño 5 periquitos: 3 amarelos, 1 verde e 1 azul. Un dos amarelos é lutino. As femias chámanse: Nani, Lola  e Pituca . Os machos chámanse: Nolito e Coco.

Comen: galletas, follas de leituga, pan, froitas, cenorias e comida especial para eles.

A min gústame coller a Pituca, Nolito e Coco  porque son os mais mansos. A Pituca e a Nolito ensineilles a facer o morto.

A Lola é moi mala porque non para de poñer  ovos e sacar pitos que nós regalamos.
Se lle poño unha folla de leituga mollada báñanse nela e dame moita risa.

A Praia das Catedrais

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                 
                                               Son Clara Facal   teño 10 anos.                                                                                Esta é a foto  que lle saquei a praia das catedrais. Esta praia encontrase en Lugo (Ribadeo)
É moi longa, tamen é moi bonita xa que as suas rochas teñen unha forma moi estraña. A maioria das rochas son de pizarra.
Esta praia da ao Mar Cantábrico. Tamén, nas suas rochas podese escalar, cousa que eu xa fixen.                                                    

A grade e o arado

Chamome Eloy Santos e son un alumno de 5º.
Na miña casa en Mens hay unha grade de madeira e dentes de ferro.
Úsabase antiguamente para labrar a terra. É de tracción animal.
Cando labraban a terra sempre lle poñian unha pedra enrriba para que chegara mais ao fondo, e despois poder arar ben

Este é un arado que tamén se utilizaba en tempos antigos para arar a terra despois da grade. Encontreino en terras de Soneira (Vimianzo) na casa dos meus avós.

o meu pastor alemán

Chamome Eloy Santos teño 10 anos e vivo en Mens.
Teño unha cadela de raza pastor alemán chamada Zelda.
Tan só ten dous meses e sempre me esta mordendo os pantalóns.
Ten os ollos marróns e a pelaxe de cor negro - fuego.
Gústalle correr detras dos meus tres gat@s: Luisma, Lucas e Perdida.
 Sempre que veño do cole ao mediodia  xogo con ela é cepilloa.