Se premes sobre a imaxe, accederás a unha tarefa que che vai gustar, Trátase dunha Caza do tesouro sobre a organización dunha festa de disfraces nunha pandilla de rapaces e rapazas.
Dareivos a ficha en papel para colocar os resultados do voso traballo.
De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
27/10/13
15/10/13
Visita a Borneiro
Foi divertido.
PREME AQUI se queres ver as fotos.
29/09/13
Taller de instrumentos tradicionais
O pasado mes de Febreiro tivo lugar na biblioteca e para os nenos e nenas de 6º, un taller de construcción de instrumentos musicais tradicionais con Emilio Lois. Asubíos de avelá, mirlitóns e carrizos foron os escollidos para esa hora e media que se nos quedou tan curta. O importante, de tódolos xeitos, foi que os escolares tiveron ocasión de ver e facer algo que descoñecían por completo, ao tempo que nas familias se suscitaron conversas nunca tidas pois, ás veces, os pais esquecemos transmitir aos fillos cousas que sabemos pero... que ¿esquecimos? Pois xa non. Grazas a Emilio que fixo un oco nas súas ocupacións para vir facernos este agasallo. PINCHANDO AQUI podes ver tódalas fotos Nota: esta entrada foi publicada no seu dia no blog do PDI (Que serei, que serás?) e, por algunha razón esquecin publicalo aquí, que é o seu sitio natural. Xa está correxido o erro.
25/09/13
Comezamos!
... unha vez máis, no meu caso. Pero... A PRIMEIRA VEZ!!! para eles e elas.
Este é o noso equipo. Xuntos percorreremos durante dous cursos un camiño que esperamos sexa feliz, gozoso e productivo.
Este é o noso equipo. Xuntos percorreremos durante dous cursos un camiño que esperamos sexa feliz, gozoso e productivo.
Adiante, logo!
08/07/13
Matilda: a formación do grupo e os enredos
Publicamos hoxe os dous últimos cortes da entrevista que lle fixemos en Febreiro a Matilda de Limiñoa.
O podcast completo.
Temos moito mási material pois o encontro prolongouse máis dunha hora pero, de momento abonda.
Nesta ocasión escollemos cortes nos que Matilda nos propón algúns enredos (e cos que rimos moito!) e outro no que nos explica como se chegou á formación do grupo que hoxe teñen.
Grazas de novo a esta muller animosa, forte, admirable... por canto nos ensinou e por facelo dun xeito tan, tan didáctico e ameno.
Todo MATILDA:
Todo MATILDA:
19/06/13
As terribles aventuras do Homeporco (1ªparte)
Martín, para finalizar o curso preferiu agasallarnos cunha historieta. A min paréceme que está chea de xenialidades (coma todo o que nos chega de Martín)
Cando sexa famoso nós teremos a honra de ter sido os seus primeiros admiradores :-) e quenes o soportaron!!!! (é broma, Martín)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


