Hoxe estiveron facendo SACAPENAS. Fíos, la, telas, goma-eva... e as mans. ¡Que mans!
E, cantas risas! cantos...¿axúdasme?, cantas cousas tocadas por vez primeira!
E Fani dixo:
-A min o que me emociona é saber que o meu vai estar na man dun neno de tan lonxe.
Bueno, Fani...¡é así!
Seguro que mañá acaban. E ata Olga levou un para facer na casa!!!
2 comentarios:
E a min emocioname tamén ver como mozos, mozas e profes de tantos coles de Galicia estamos xuntos para levar a bo porto unha iniciativa tan fermosa!!
O que me emociona fondamente é pensar que estes alumnos/as serán os/as cidadáns do futuro.
O compromiso e a solidariedade de hoxe son sementes que veremos florear con todo o seu esplendor en vindeiras primaveras.
Parabéns ó profesorado por coidar con tanto agarimo o seu xardín.
Publicar un comentario