VISITA RTVG
O alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder visitar as instalacións da RTVG, xa que o CEIP Milladoiro foi o gañador do VII podcast de Radio na biblio no curso 2024-2025.
De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
VISITA RTVG
O alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de poder visitar as instalacións da RTVG, xa que o CEIP Milladoiro foi o gañador do VII podcast de Radio na biblio no curso 2024-2025.
O alumnado de 5º de Primaria está de parabéns xa que foi gañador do primeiro premio de categoría educación primaria polo VII premio de podcasts escolares ¨O vello dos contos¨. Hoxe recibiron o premio consistente nun lote de libros e xogos, un diploma acreditativo para o centro e unha escultura dunha pandereteira realizada polo alumnado do Easd Mestre Mateo de Santiago. Agradecer a Arraianos Producións a organizacións deste certame.
Parabéns rapazada!!! agora a desfrutar dos agasallos!!
O alumnado de 6º de primaria, na área de Valores, realizou por equipos booktráilers de libros da biblio.
Os booktráilers son pequenos vídeos para promocionar a compra ou lectura dun libro.
Noraboa polo voso traballo, rapazas/es! Desfrutade do verán!
Malpica foi o epicentro da celebración do Día das Letras Galegas neste ano 2025. Este día festivo estivo adicado á poesía popular oral personificada nas Pandereteiras de Mens, Adolfina e Rosa Casás e a Eva Castiñeiras, pandereteiras e cantareiras todas elas.
Como gañadores do VII concurso de podcast radio na biblio, fomos convidados por Radio Galega no programa especial realizado en directo indo como representantes da clase de 5º de educación primaria Leo Cousillas e Candela Rama.
O pasado xoves 7 de maio celebrouse en Serra de Outes a final intercomarcal de badminton, na cal, o noso centro contaba con 5 representantes.
De 6º de Educación Primaria foron Celia, Mara Añón, Lola Serantes e Andrea na categoria alevín feminino e Fran no alevín masculino.
Destacamos a participación de Celia e Lola acadando a final de consolación e gañándoa. Todas xogaron un mínimo de 3 partidos, sendo unha gran festa deportiva e de convivencia pois compartimos autobús e tamén estancia no pavillón co CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.
Foi unha viaxe longa, pero mereceu a pena, unha experiencia máis a través do deporte, onde aprenderemos a competir, a ser xustos cando actuaron de árbitros e a xestionar as victorias e as derrotas.
Este último evento cerra a temporada XOGADE no CEIP Milladoiro, esperamos que o alumnado o desfrutase e que o ano que ven, continúen desfrutando desta modalidade de participación deportiva.
O alumnado de 5º de educación primaria do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños gravou en Radio Balea o podcast presentado no VII Concurso de Podcast Radio na Biblio co cal quixo homenaxear a poesía popular oral (cantareiras e pandereteiras) co gallo do Día das Letras Galegas 2025.
Pola biblioteca do centro e o estudo de Radio Balea pasaron as distintas representantes do tecido asociativo e cultural así como figuras relevantes no campo da poesía popular oral de Malpica e da Comarca de Bergantiños.Nas últimas sesións de Educación Física, Xián Castro que está de prácticas no noso centro, descubriunos o mundo do Parkour. Grazas a él coñecemos algúns aspectos básicos desta disciplina como o salto ¨longi¨, ¨preci ¨ ou o que é ¨pinchar¨ así coma outras habilidades desta actividade deportiva.
Tamén foi Xián o responsable de traer ao centro a dous cracks do Parkour coma Carlos e Peter, integrantes de Motion Academy, unha escola de Parkour onde ensinan e inician esta disciplina.
En Radio Balea poidemos coñecer a súa relación co Parkour así como moitos aspectos relacionados co mesmo que non coñeciamos.
Posteriormente déronnos unha charla no leolab onde responderon a todas as preguntas do alumnado do 3º ciclo.
Moitas grazas chicos!! Foi un pracer coñecervos!!
Compartimos a entrevista. Non deixedes de escoitala que é moi interesante!!: