10/10/26

SAÍDA ECOMUSEO FORNO DO FORTE EN BUÑO

O pasado martes 6 de outubro o alumnado do terceiro ciclo de educación primaria fixo unha saída ao Ecomuseo Forno do Forte de Buño, no cal Lola fixo unha visita guiada polas distintas dependencias deste museo. 

Visitaron as casas onde vivían antigamente os oleiros, explicou como era o seu día a día e viron algunhas das figuras que se facían.

Posteriormente ensinou o forno, contou como funcionaba e remataron a saída con Toño, oleiro que fixo un obradoiro de modelado no cal elaborou cada un e cada unha a súa propia figura.

Quedamos encantados con esta vista que nos queda aquí o lado!! Esta actividade encádrase dentro das actividades que conforman o PDI Marabillarte.

acceso á galería de imaxes picando na de enriba 👆


Ningún comentario: