4/11/08

Comezamos




Este será o noso blog para traballar nestes dous cursos que estaremos xuntos.

Nel iremos poñendo todas aquelas cousas que sexan importantes para o grupo e que queiramos que sexan vistas por todos aqueles que non están con nós na aula: as familias, os compañeiros doutros cursos, doutros coles, amigos que temos fóra de Malpica...

Aprenderemos como se fai unha entrada, como se coloca unha imaxe... escribiremos sempre correctamente (non vaia ser que nos teñamos que pór colorados se alguén ve algunha falta) Será un traballo entretido ¡seguro!

3 comentarios:

Colexio de Quintela - Moaña dijo...

Saúdos dende Moaña
benvidos á blogosfera
queremos ser os vosos amigos
os de 6º de Quintela.

Uns somos do Barça
outros do Madrid
e non nos poñemos de acordo
nin no que escribir.

MIK dijo...

Parabéns nenos e nenas por abrir esta fiestra ao mundo que nos permite coñecervos e compartir con vós todas esas cousas que vos gustan.
Bicos ratunos dende Vigo

nautilus dijo...

Nos tamén queremos ser os vosos
compañeiros. Case todos os da clase
estamos contentos de ter novos
amigos e de que gañara o BARCELONA.
As vosas fotos gustáronnos moito.
Esperamos que nos contestedes e
coñecervos mellor.

andrea, Christian e Cecilia