30/1/10

Visita a Compostela: Parlamento e TVG



Con retraso, xa o sei, pero POR FIN... as fotos da viaxe a Compostela.
Xusto o día que volviamos de vacacións de Nadal, o día 10, con todo aquel frío e a ameaza de que a estrada estivera chea de neve.... ¡pero non foi así! anque a vimos. E moita!!!
Visitamos o Parlamento de Galicia, onde andaban preocupados porque o Salón de Plenos parecía unha nevera, e tamén as instalacións da TVG onde Gayoso, moi amablemente, saudounos e prometeu enviar a súa suxestión de lectura.
Logo, comimos a cuberto porque o frío era moito.
Aínda a neve andaba polos tellados e nas leiras. E vimos grandes bonecos.
O malo foi que non puidemos parar para tocala.
Tempo haberá.

3 comentarios:

christian dijo...

Que ben o pasamos ese día!! E as cousas que aprendimos!!
Porque en todas as excursións sempre se aprende algo.

olga dijo...

¡Canto me alegro, Christian, de que o pasaras tan ben! ¡E canta razón tes neso de que sempre se aprende algo andando polo mundo! Repetiremos.

andrea dijo...

Gustoume moito esta excursión porque aprendin moito,divertinme e tiven cos meus amigos/as