18/2/11

cristovo colon

Cristovo Colon era un navegante que naceu o 1451 do que case non se sabe nada. Algunhas persoas din que era xenovés , outros que era de Valladolid ,e mesmo que era pontebedres . Dise que morreu en Valladoliz en 1506 . El descubreu America no s.XVI coa axuda dos Reis Catolicos.

AS CARABELAS E A VIDA A BORDO

Fixen un traballo sobre as carabelas que levou Colón durante a viaxe ao novo continente.
Eran unha nave (a Santa María) e dúas carabelas (a Pinta e a Niña).
Aínda que Colón viaxou na Santa María, volveu a España na Niña, xa que, rompeu cerca das costas de Haití.

Na adega levaron alimentos para un ano e armas ( pistolas, canóns...)

Europa no século XVI

Este traballo gustounos moito porque foi entretido e divertido.

Como vedes na fotografía o mapa político de Europa era diferente do que é agora.


O que máis nos gustou do traballo foron algúns xogos como o caliche que é unha peza cilíndrica de madeira que ten uns 20 cm de altura. Tamén xogaban a esgrima e a tiro con arco.




Grandes navegantes, primeira volta a Terra e os inventos dos séculos XV XVI


O que máis nos impresionou do traballo foi aprender que a Miguel Servet matárono por descubrir a circulación do sangue.

Tamén nos impresionou que na primeira volta á Terra, de cinco naves que levaron só regresou unha. Esta volta na actualidade levarianos un més ou dous, pero nesa época durou tres anos!

As carabelas e a vida a bordo

Eu fixen o traballo sobre as carabelas e a vida a bordo.

As carabelas eran un tipo de barco pequeno, longo e alto que servía para facer viaxes longas e para achegarse a mares poco caudalosos aos que os outros barcos non se podían achegar.
Cristovo Colón, na sua viaxe a Ámerica, levou tres naves: duas carabelas e unha nao.

Os mariñeiros que traballaban e vivían nas carabelas eran: presos, indixentes, pobres... Algúns dos traballos dos mariñeiros eran: comprobar si as velas estaban ben colocadas, limpar as cubertas, vixiar desde a cofa, manexar o timón...
No seu pouco tempo libre, os mariñeiros pescaban, falaban e celebraban festas ou aniversarios.

O meu traballo: Vida a bordo


Eu fixen un traballo de como Colón descubreu América : os barcos que levou foron La Pinta- La Niña -La Santa María. Colón foi polo oeste por non ir polo sur por que había moitos
piratas.
Aprendín que se Colón non descubrira América a esta hora estabamos comendo castañas con polo ou castañas con peixe porque foi el quen trouxo a pataca a Europa. Tamén trouxo a piña e
o tabaco así como a mandrágora: unha planta que os incas usaban como
manciña. O máis interesante foi as pompas que lle deron a Colón e a os mellores mariñeiros en Barcelona.

A Europa do s.XVI


A nós gustounos facer este traballo sobre Europa no s.XVI porque a información que recopilamos era bastante interesante.

O que máis destacou foi o Renacemento, consistía
en romper coa Idade Media e retornar á arte Grega e Romana da Antigüedade .

No s.XVI, Europa foi un continente rico, por iso foi un século de grandes descubrimentos e innovacións.Un dos descubrimentos máis importantes foi a imprenta, inventada por Johannes Gutenberg, que favoreceu a adquisicion de coñecementos.

A Carabela que Colón dirixía chamábase Santa Maria. As cousas que trouxeron de America son, entre outras: millo, piña, cacao... As carabelas era unha embarcación bastante rápida e lixeira,e podián conseguir chegar antes acalquera destino.O seu destino era chegar as Indias polo Océano Atlántico.

O que investigamos sobre os precolombinos

PRECOLOMBINOS

O que máis nos interesou sobre os precolombinos foron as culturas : maia e azteca.
Gustounos por que nos interesaba a sua forma de vida,
aínda que o que non nos gustou moito foron os sacrificios.

Como vedes no mapa as palabras salientadas en vermello son os pobos precolombinos máis importantes.E o resto son pobos pequenos e independentes.

A nós non nos paraceron moi avanzados o seus metodos de
cultivo.Os seus animais eran o condór, o can, o moucho e o colibri.

Feito por: Pablo Parga e Adrián Vila.

13/2/11

A historia de Carapuchiña contada polo Lobo


Velaí a historia de Carapuchiña pero.... non como a coñeciamos ate o de agora. Non. Desta volta, escoitamos a versión do Sr. Lobo.
Escoitade ben como nolo conta Jorge

10/2/11

Regueifa de AMOR e DESAMOR

Este é o caderno coas coplillas que imos recitar o vindeiro mércores para todo o cole.
Tamén o podedes descargar.